Novembro é o mes da ciencia en galego.
Desde Igaciencia ofrécennos unha serie de videoconferencias:
- O verán do 2022, extremos climáticos sen control? "De como as ciencias básicas poden axudar a predicir o clima" Francisco Díaz-Fierros Viqueira, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, da RAGC. Día 4 de novembro, ás 12 horas.
- Mergullámonos no óceano do futuro? Emilio Fernández Suárez, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo. Día 21 de novembro, ás 12 h.
- A pegada do home e os seus efectos na xeomorfoloxía de Galicia. Dr. Fran Canosa, divulgador da Xeoloxía de Galicia. Día 25 de novembro, ás 12 h.
- Cambio climático e sistema alimentario. Por Dr. Luís Díaz Allegue, investigador. Día 28 de novembro, ás 12 horas.
A primeira é xustamente o venres 4 de novembro, Día da Ciencia en galego.
Este é o ENLACE para conectarvos a un directo de YouTube no que poderedes acceder á videoconferencia "O verán de 2022, extremos climáticos sen control? De como as ciencias básicas poden axudar a predicir o clima".
A partir das 12:00h o profesorado que estea interesado pode acceder á videoconferencia na súa aula.
Sem comentários:
Enviar um comentário