22.1.24

Charla Lingua de Signos impartida pola FAXPG

O día 19 de xaneiro asistimos a unha charla impartida pola FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) para coñecer máis sobre as persoas xordas e a Lingua de Signos.

Ao principio, o relator, Javier, explicounos que é a FAXPG, os centros que teñen en Galicia e o traballo que desenvolven. Informounos tamén dos distintos graos de xordeira, das complicacións que teñen día a día as persoas xordas e de como as familias teñen que adaptarse a esta situación. 

Vimos vídeos de como se poñen audíofonos, implantes na cabeza e tamén de como as familias lles ensinaban a dicir nomes e palabras importantes para a vida cotiá. 

Despois Isa, unha rapaza xorda, ensinounos un pouco sobre a lingua de signos: aprendemos letras, cores, saúdos, números, adverbios, adxectivos, etc. 

Para finalizar o encontro, animounos a participar nunha actividade na que nos tiñamos que comunicar por lingua de signos. 

A sesión foi moi entretida e amena. 

Accede a máis fotografías AQUÍ.

1º CM Administrativo.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...