No mes de decembro a aula máis limpa e ordenada foi de novo a 402. Todo estaba recollido e moi limpo e ordenado. O grupo de 4º ESO A leva dous meses consecutivos sendo a mellor aula, mais son varias as que pasan de 320 puntos se se suman as puntuacións do 1º trimestre, entre elas as aulas 101, 111, 113, 119, 201, 211, 215B, 401 e 402.
Recordade que aínda queda curso por diante para remontar as puntuacións. Só tedes que poñer atención e deixar a vosa aula moi limpa e ordenada a última hora. Lembrade deixar as cadeiras subidas, as persianas e ventás na disposición correcta, colocade traballos de distinto tamaño no taboleiro e organizádeos correctamente.
Prestade atención a que o último día do mes de febreiro é o festival de Entroido e tamén ten que quedar todo limpo e recollido.
Moito ánimo a todos e os grupos e parabéns a 4º ESO A e á súa titora!
Moitas grazas ás nosas limpadoras Divina, Carmen e Ángeles, por puntuar cada mes, e ao profesorado que revisou as aulas no primeiro trimestre: Javier Rouco, Miruca, Patricia Anaya, Karina, Fernando Lago e Andrea.
Sem comentários:
Enviar um comentário