23.1.14

Proximamente Carlos Reigosa no Perdouro

CARLOS G. REIGOSA, ESCRITOR MODELO BURELA POR UN DÍA

Carlos G. Reigosa, o autor de Crime en Compostela (Premio Xerais), Os homes de Tras da Corda, Pepa a Loba ou Intramundi, participará nun encontro co alumnado do Instituto Perdouro. O escritor será protagonista dun encontro cultural “Modelo Burela”. O evento celebrarase entre as 11:30 e as 13:10 horas do día 7 de febreiro, na biblioteca do Instituto Perdouro e nel participará alumnado de ESO e Bacharelato.

Carlos G. Reigosa Sende repasará cos lectores e lectoras a súa traxectoria literaria, centrándose especialmente Intramundi, obra centrada na transformación socioeconómica das terras comprendidas entre Mondoñedo, Meira e Abadín.

Ao rematar o encontro o alumnado aproveitará a ocasión para pedirlle ao autor convidado a dedicatoria dos seus exemplares.





Aproveitando a viaxe de Carlos Reigosa á Mariña, o Instituto Perdouro programou unhas xornadas de Animación á Lectura centradas na obra do escritor da Pastoriza. Os encontros coas persoas adultas interesadas celebraranse na Biblioteca do centro os mércores 29 de xaneiro e 5 de febreiro, ás 20: 00 horas.

A experiencia “Modelo Burela” de contacto directo entre escritores e escritoras coa audiencia das súas obras leva en vigor varios cursos académicos baixo a organización da área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Nela xa participaron os escritores galegos Xosé Neira Vilas, Séchu Sende e Ramón Blanco; así como o madrileño Matías Escalera. Ademais do fomento da lectura e da escrita literaria, con estes encontros tamén se pretende a posta en valor da interculturalidade.

22.1.14

A Mariña emprende - proxecto para fomentar o espírito emprendedor

Tal como se recolle na nota de prensa da Consellería, hoxe asistimos á presentación de A Mariña emprende , proxecto que forma parte do plan Eduemprende. A Consellería de Cultura, Educación e OU, Alcoa e El Progreso son as tres entidades que impulsarán este curso o emprendemento entre o alumnado de 8 centros educativos da zona, en concreto nos IES Illa de Sarón (Xove), Marqués de Sargadelos (Cervo); María Sarmiento e Vilar Ponte (Viveiro), Perdouro e Monte Castelo (Burela), no IES de Foz e no Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga (Ribadeo).

O obxectivo é estimular o espírito emprendedor entre os estudantes do último ciclo de ESO -3º e 4º cursos-, Bacharelato e Formación Profesional como forma de favorecer a súa empregabilidade e de favorecer a responsabilidade e a autonomía persoal. Para iso, desenvolveranse diferentes actuacións de sensibilización e formación, dirixidas tanto ás alumnas e alumnos como ao seu profesorado. Ademais celebrarase un concurso de ideas cuxo premio será financiamento para sacar adiante un proxecto de empresa.

O xornal El Progreso será quen, tanto na súa edición en papel como na dixital, publique as informacións relacionadas co proxecto, así como dous monográficos centrados no seu desenvolvemento e unha publicación específica sobre o mesmo para a difusión da cultura do emprendemento entre todo o estudantado galego.

Maís información, na web de FP en Eduemprende.

20.1.14

Día da Paz e da non violencia

Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), tal como a acuñou Llorenç Vidal a mediados dos 60, en coincidencia co aniversario da morte violenta do Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.

No CPI da Cañiza fixeron a  seguinte selección bibliográfica para Secundaria  asi como unha recompilación de recursos para conmemorar o día.

Calendario do libro e a lectura 2014

Aí tedes o calendario do libro e da lectura 2014 editado pola Xunta para non perderse nada.


17.1.14

Come con Cunqueiro

Presentación do novo espazo web, Come con Cunqueiro, resultado dun traballo universitario dun grupo de novos xornalistas, entre os cales se encontra Anxel Vizoso, ex- alumno noso.

"Come con Cunqueiro é o resultado do traballo de oito estudantes de xornalismo, mais tamén é o resultado da amabilidade de todas as persoas que colaboraron desinteresadamente para levar a esta plataforma parte da gastronomía galega."



Podedes seguilos polas redes sociais:

12.1.14

Burela Xoga Recíclase - Proxecto interdisciplinar 2013-2014

http://burelaxogareciclase.blogspot.com.es/
Non deixedes de botarlle unha ollada ao blogue do proxecto interdisciplinar do Perdouro. Neste primeiro trimestre traballaron moito. Mais agora toca empezar o xogoooo!!!

9.1.14

106 anos de Feminismo, Simone de Beauvoir

Ligazón permanente á imaxe encaixadaTal día coma hoxe, Simone de Beauvoir cumpriría 106 anos. "Non se nace muller, chégase a selo". Así explicou Simone de Beauvoir que os roles de xénero poden mudarse.

Foi unha novelista francesa, filósofa existencialista e feminista. Escribiu novelas, ensaios, biografías e monográficos sobre temas políticos, sociais e filosóficos. O seu pensamento enmárcase dentro do existencialismo e obras como "O segundo sexo" son elementos fundacionales do feminismo. Foi parella do tamén filósofo Jean Paul Sartre.

La Voz de Galicia: Simone de Beauvoir, a pensadora existencialista que adiantou a revolución sexual
Biblioteca UNED: Magnífica entrevista de la tele francesa realizada en 1975 a Simone de Beauvoir titulada "¿Por qué soy feminista?"
Magazine cultural Galego: Simone de Beauvoir asinou en 1973 o manifesto das 343 polo dereito ao aborto. Hai moitos motivos para volver a ela.
Diario 16:  Simone de Beauvoir, filosofa y escritora existencialista francesa

Vídeos:

Coñece a vida e obra de Simone de Beauvoir no documental "Non se nace muller" de Virginie Linhart

Magnífica entrevista da tele francesa realizada en 1975 a Simone de Beauvoir titulada "Por qué son feminista?" 

Libros:
3 libros de Simone de Beauvoir digitalizados y listos para descargar (Biblioteca Pijama Surf) |...

20.12.13

Desexámosvos unhas felices festas!


Capitanía marítima de Burela: as súas funcións

O 20 de decembro o I.E.S. Perdouro recibiu a visita de Fernando Otero Alonso, Coordinador de Inspección e Seguridade Marítima na Capitanía Marítima de Burela. 

O acto, organizado pola  A.C. “Os Matos”, consistiu  nunha charla dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, que seguiu con interese a intervención de Fernando Otero. 

A súa exposición versou sobre o traballo que se desenvolve en Capitanía Marítima, que ten como principal obxectivo “velar pola seguridade marítima”.  Na súa intervención falou sobre “a seguridade da vida no mar” e “o cumprimento de normas sobre contaminación marítima”. 

Antes de rematar informou sobre os estudos necesarios para alcanzar a titulación para traballar en barcos ou como funcionario en distintos servizos de Capitanía. Varios alumnos interesáronse por estes temas facendo preguntas ao respecto.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...