O mércores ambientamos a biblioteca á escuras e contamos historias de medo. Axudáronnos os alumnos de Electrónica coa súa mesa de mesclas e uns cantos efectos sonoros terroríficos.
31.10.12
Samaín - Concurso de cabazas 2012
Samaín , celebramos o ano novo celta cun concurso de cabazas.
Un recreo de medo:
29.10.12
Día das Bibliotecas Escolares 2012
Celebramos o día das Bibliotecas Escolares nos recreos ao longo de toda a semana. Tivemos concertos, debuxos colectivos, feira de libros, libros andantes que nos contaron as súas intrigas, e unha exposición de libros da Biblioteca Municipal de Burela.
IdA Explorer! continúa un ano máis
O pasado luns 29 de outubro, tivemos a visita de Hubertus Freisinger, coordinador do proxecto europeo IdA Explorer! (2009-2012) da Berufsbildungszentrum (BBZ) Augsburg gGmbH,
un centro de formación e inserción laboral da localidade alemana de
Augsburgo. Neste encontro fíxose balance dos tres anos de proxecto que
se valorou positivamente polas partes implicadas. Aproveitouse a ocasión
para asinar unha prórroga por un ano máis, ata outubro de 2013.
27.10.12
Moderna pedagoxía galega protagonista dunha xornada de estudo na universidade de Barcelona
Baixo a organización da Facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona, na Cidade Condal celebrouse o pasado día 26 de outubro unha xornada científica centrada no papel das linguas da inmigración na escola. No encontro situáronse en destaque a metodoloxía didáctica “Modelo Burela” impulsada pola área de innovación do Instituto Perdouro da vila da Mariña e o proxecto Galauda levado á práctica por máis dunha ducia de centros de ensino secundario de Cataluña.
O programa de actividades contou coa participación do director xeral de inmigración da Generalitat de Cataluña, a decana da facultade de Filoloxía e o director do departamento de Filoloxía Románica da Universidade de Barcelona. Seguidamente, comezaron os diferentes relatorios centrados na política lingüística nos sistemas escolares de Galiza e Cataluña e en proxectos desenvolvidos en ambas as comunidades e encamiñados á cohesión social nos centros educativos.
Na mesma xornada, mais en horario de tarde, celebrouse unha mesa redonda coa participación de profesorado das universidades de Girona, Barcelona, Vic e Santiago de Compostela. O encontro finalizou coa conferencia da coordinadora do mesmo, a profesora Carme Junyent, da Universidade de Barcelona, sobre o papel das linguas nos centros escolares.
O relatorio do Instituto Perdouro integrou diversas proxeccións audiovisuais, xunto coa reprodución de fragmentos concretos do programa radiofónico “Proxecto Neo”, dedicado á integración de persoas neofalantes. O protagonismo centrouse nas persoas participantes en varios deses programas durante o curso pasado: Karina Parga (de nacionalidade francesa; Vicedirectora do IES Perdouro), Antonina Semedo (caboverdiana, integrante do gurpo musical Batuko Tabanka), Ummer Mohammad (estudante de orixe pakistaní), Juan Mario Lawicki (estudante de orixe ucraniana) e Catalina Sánchez Luengo (xerente da Fundación Expomar, orixinaria de Villanueva de la Serena en Badajoz).
A representación do proxecto educativo do Instituto Perdouro estivo a cargo de Bernardo Penabade, quen expuso a liñas xerais da metodoloxía didáctica “Modelo Burela” tanto para o fomento da fluidez das linguas estranxeiras como na integración de neofalantes e na mellora da expresión escrita da lingua de partida. Durante o encontro celebrado en Barcelona, valorouse a aplicación de novos proxectos de didáctica das linguas nos centros de ensino secundario da Mariña, como resultado da colaboración das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, así como do proxecto Galauda de Cataluña.
ENLACES
15.10.12
Ponencia Modelo Burela na universidade de Barcelona
Modelo Burela protagonizará este venres 26 na universidade de Cataluña unha conferencia que expoñerá Bernardo Penabade: As linguas dos inmigrantes como factor de integración escolar. (
Programa.)
14.10.12
24 de outubro - Día das Bibliotecas Escolares
24 de outubro - Día das Bibliotecas Escolares
Desde hai algúns anos, a IASL vén instando á celebración do "mes da biblioteca escolar" (anteriormente, Día da biblioteca escolar
no cuarto luns de outubro) co fin de difundir as posibilidades deste
tipo de bibliotecas e a súa potencialidade como factor de calidade do
ensino nos centros. Desde os inicios, a Asesoría de bibliotecas escolares apoiou esta iniciativa internacional cunha chamada á realización de actividades que servisen para facer visible a biblioteca nos centros. O lema deste ano é A biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro.
Desde hai algúns anos, a IASL vén instando á celebración do "mes da biblioteca escolar" (anteriormente, Día da biblioteca escolar
no cuarto luns de outubro) co fin de difundir as posibilidades deste
tipo de bibliotecas e a súa potencialidade como factor de calidade do
ensino nos centros. Desde os inicios, a Asesoría de bibliotecas escolares apoiou esta iniciativa internacional cunha chamada á realización de actividades que servisen para facer visible a biblioteca nos centros. O lema deste ano é A biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro.
Desde 2008, a Consellería de Educación vén editando, a comezos de
cada curso escolar, un cartel para difundir o modelo de biblioteca
escolar polo que se está a traballar, uníndose desta forma á celebración
do Día da biblioteca (24 de outubro), no
convencemento de que, aínda sendo unha biblioteca específica (cunha
misión clara dentro do centro educativo, e uns servizos e actividades
acordes á súa definición como "centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe"), non deixa de ser unha BIBLIOTECA;
máis aínda, é a ÚNICA biblioteca pola que pasa toda a poboación en
idade escolar dun país: todos os nenos e todos os mozos teñen no seu
centro (ou deberían ter) unha biblioteca escolar.
Galicia conta, desde hai pouco (Lei 5/2012, do 15 de xuño), cunha Lei de Bibliotecas de Galicia que contempla a Rede de Bibliotecas Escolares como integrantes do Sistema Galego de Bibliotecas,
xunto coa biblioteca de Galicia, a Rede de Bibliotecas Públicas de
Galicia, as Bibliotecas Universitarias e as bibliotecas especializadas
entre outras.
3.10.12
Videopoema: "A palabra" de Celso Emilio Ferreiro
Este é un exemplo dun traballo sinxelo con Photopeach que podedes probar cun poema que vos agrade. Animádevos, os resultados son rápidos e sorprendentes.
A palabra on PhotoPeach
6.9.12
Acto de inauguración da exposición "Cerámica con Identidade"
O pasado mércores 5 de setembro, na Cenima de Foz, Maite López, Conselleira de Turismo e Santiago Pérez, director do IES Perdouro, inauguraron a exposición que leva por nome “Cerámica con identidade - Obradoiro educativo en homenaxe a Isaac Díaz Pardo”. Trátase dunha colección de pezas de cerámica realizadas polos alumnos de 3º e 4º de ESO do IES Perdouro de Burela que naceu inspirada no referente ético, estético e emprendedor de Isaac Díaz Pardo, a quen se lle tributaba unha modesta homenaxe poucas semanas máis tarde do seu falecemento.
Cristina Durán, profesora de Plástica no IES Perdouro e Estéfano Gudín, ceramista, colaboraron conxuntamente durante tres semanas para achegar aos alumnos, a figura de Isaac Díaz Pardo, veciño de Sargadelos e todo un referente da nosa arte galega.
4.9.12
Cerámica con Identidade
O vindeiro mércores día 5 de setembro ás 19.00 h. terá lugar no CENIMA do Concello de Foz a inauguración da exposición:
CERÁMICA CON IDENTIDADE
Obradoiro educativo en homenaxe a Isaac Díaz Pardo
Exposición de traballos escolares realizados no IES PERDOURO DE BURELA en colaboración có ceramista Estéfano Gudín e inspirada no referente ético, estético e emprendedor de Isaac Díaz Pardo, a quen se lle tributaba modesta homenaxe poucas semanas máis tarde do seu falecemento.
| Obradoiro educativo en homenaxe a Isaac Díaz Pardo |
Durante o proceso de redacción e aplicación do proxecto de innovación educativa coñecido como Modelo Burela, o Instituto Perdouro estableceu contacto directo con numerosos axentes sociais tanto da propia localidade como da comarca mariñá. No curso 2011-12, ese labor de interlocución centrouse nun sector específico: as entidades comerciais e empresariais. Foi así como entre o centro educativo e o artesán ceramista Estéfano Gudín surxiu unha colaboración que se plasmou nun convenio bilateral.
Unha das integrantes do cadro docente, a profesora Cristina Durán Arufe, foi a primeira que manifestou interese en aproveitar a potencialidade dese convenio para realizar un obradoiro artístico destinado a alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO. A súa pretensión era buscar unha nova actividade en que mozos e mozas puidesen experimentar coa materia prima, que tivesen oportunidade de aplicar os coñecementos teóricos adquiridos na materia de Educación Plástica e Visual.
A proposta tivo unha magnífica acollida tanto por parte da Vicedirección de actividades extraescolares como do artesán Estéfano Gudín. Así naceu unha actividade educativa inspirada no referente ético, estético e emprendedor de Isaac Díaz Pardo, a quen se lle tributaba modesta homenaxe poucas semanas máis tarde do seu falecemento.
Durante os tres períodos lectivos semanais do mes de marzo e abril, as mesas da sala de artes plásticas cubríronse con saquetiños de caolín e, seguindo as explicacións de Cristina Durán e Estéfano Gudín, alumnos e alumnas fóronlle dando forma ás figuras que naceran na súa imaxinación.
Os resultados daquelas iniciativas de comercio emprendedor e de escola transformadora, atenta á innovación da sociedade que a rodea, están agora reunidos nesta exposición que abrimos ao público no CENIMA, a quen agradecemos a acollida.
Confiamos en que os contidos sexan do seu agrado.
Moitas grazas pola visita.
Moitas grazas pola visita.
| AUTORÍA DOS TRABALLOS | |
| ÁLVARO CREGO DEÁN CARLA BOLAÑOS BLANCO GABRIEL ORTIZ CIDE ESTELA FERNÁNDEZ CABANA ANDREA REGA VILLAREJO e SARAY GÓMEZ MESA ELENA GARCÍA PALEO e XIANA FERNÁNDEZ DÍAZ JESÚS DANIEL CAMPOS LÓPEZ JULIETA JOHANA DURÁN e GIANELLA A. CARBAJAL MANCHEGO GABRIEL BERMÚDEZ ÁLVAREZ CRISTINA CIGARRÁN DÍAZ JOSÉ CARLOS DÍAZ LORENZO | CRISTINA FERNÁNDEZ BLANCOe ÁNGELA IÑIGO GONZÁLEZ ANDREA GÓMEZ PARDO ALEX LIÑÁN RABOST AITOR LÓPEZ ANELLO ANDREA LORENZO BAAMONDE VÍCTOR CABARCOS VAL KAREN FERNÁNDEZ BEDOYA NELIA CRISTINA GONÇALVES GOMES PAULA VIRGINIA MONTEIRO FERREIRA UXÍA DÍAZ FERNÁNDEZ TANIA DÍAZ VÁZQUEZ AZUCENA FONTERIZ OLDÁN CINTIA FERNÁNDEZ CASTRO e SARA PERNAS POLO |
| EQUIPO DOCENTE |
CRISTINA DURÁN ARUFE (Santa Comba, A Coruña) é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Desenvolve a súa actividade artística realizando exposicións individuais como Dúbidas (Espacio 48; Santiago de Compostela) e Lugarsinlugar (Arte XXI; Madrid); e participando en varias exposicións colectivas como a Homenaxe a Lucio Muñoz (Palacio de Congresos; Madrid), Novos Valores (Deputación Provincial de Pontevedra), no “Certame de pintura Concello de Cambre” , no “IX Certame de artes plásticas Isaac Díaz Pardo” e na exposición “Encontros no pazo de Mariñán” (Fundación Luís Seoane; A Coruña).
A súa obra conseguiu varios premios, entre eles na “Bienal Internacional de arte Fundación Araguaney” (Mención de Honra); no “Premio de pintura Comarca do Sar” de Padrón (Terceiro e Primeiro); no “Certame Isaac Díaz Pardo” da Deputación da Coruña (Adquisición) e no “XIII Certame de Arte Galería Burela” (Primeiro).
Desde setembro de 2007 é profesora de Debuxo no IES Perdouro de Burela. No curso 2011-2012 desenvolveu en colaboración con Estéfano Gudín unha actividade educativa en que se fusionaron a arte, a artesanía e a docencia.
ESTÉFANO GUDÍN (Arancedo-El Franco; 1958) comezou a realizar pezas de cerámica durante o ano 2000 e tivo como referencia os alfareiros de La Rambla, en Córdoba. Pouco tempo despois entrou en contacto con diversos artesáns asturianos. Seguindo as indicacións destes, realizou diversas réplicas de utensilios domésticos que observou nas pallozas de Piornedo (Os Ancares). Desta maneira, foi facendo potes, tarteiras, tixolas e cazos sempre con barro tratado con diferentes terras para conseguir óxidos naturais a imitación do ferro.
Desde o 1 de abril de 2004 exerce a actividade profesional no seu obradoiro aberto ao público na localidade de Cervo. Aínda que mantén as características tanto no uso dos materiais como no deseño, diversificou notabelmente a produción e realiza tanto pezas de uso doméstico (xogos de café, xogos de queimada, botellas, tazas, xarróns) como obxectos decorativos (murais, placas, maquetas e esculturas). Mostras públicas da súa obra están en exposición permante no Concello de Viveiro e no Museo Provincial de Lugo.
Desde setembro de 2007 é profesora de Debuxo no IES Perdouro de Burela. No curso 2011-2012 desenvolveu en colaboración con Estéfano Gudín unha actividade educativa en que se fusionaron a arte, a artesanía e a docencia.
ESTÉFANO GUDÍN (Arancedo-El Franco; 1958) comezou a realizar pezas de cerámica durante o ano 2000 e tivo como referencia os alfareiros de La Rambla, en Córdoba. Pouco tempo despois entrou en contacto con diversos artesáns asturianos. Seguindo as indicacións destes, realizou diversas réplicas de utensilios domésticos que observou nas pallozas de Piornedo (Os Ancares). Desta maneira, foi facendo potes, tarteiras, tixolas e cazos sempre con barro tratado con diferentes terras para conseguir óxidos naturais a imitación do ferro.
Desde o 1 de abril de 2004 exerce a actividade profesional no seu obradoiro aberto ao público na localidade de Cervo. Aínda que mantén as características tanto no uso dos materiais como no deseño, diversificou notabelmente a produción e realiza tanto pezas de uso doméstico (xogos de café, xogos de queimada, botellas, tazas, xarróns) como obxectos decorativos (murais, placas, maquetas e esculturas). Mostras públicas da súa obra están en exposición permante no Concello de Viveiro e no Museo Provincial de Lugo.
3.9.12
Queres perdourar connosco?
Que é "perdourar"? Pois é a nosa forma de traballar a prol da lingua.
Trátase de utilizar o galego na vida cotiá do Perdouro para que perdure.
Tamén tentamos o mesmo en todos os ámbitos sociais da vila e para
recoller mostras disto contamos cunha área de innovación educativa que
traballa nun proxecto de innovación lingüística plasmado no "Modelo Burela". Convidámoste a que colabores con nós!
Subscrever:
Mensagens (Atom)
Perdourando de IES Perdouro baixo licencia Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported License.