Dúas alumnas gañadoras do concurso de Banda Deseñada do IES Perdouro en anteriores edicións publicaron un artigo de opinión no suplemento Novas de Novos do xornal La Voz de Galicia.
Tania Díaz Vázquez – 1º Bach.
Sen embargo, a miña
afección polo cómic chegou uns anos máis tarde. Un día de verán,
na praia, comecei a garabatear nun caderno. Debuxei todas e cada unha
das cousas que vía ao meu arredor, apuntei o que parolaban as
persoas que estaban preto e así foi como surxiu a miña primeira
banda deseñada.
Despois desta fixen
outra, outra e outras máis. A maioría dos meus amigos dicíanme que
non se me daba nada mal e que debía continuar. Así o fixen:
apunteime a algún obradoiro e na edición de 2009 presenteime ao
certame organizado polo instituto dentro do programa dos Encontros de
Banda Deseñada da Mariña. A xenerosa resolución do xurado
estimuloume moito a seguir.
Inés Pardo Parra – 3º
ESO
Recordo estar na clase, a
nosa profesora de lingua castelá comezou a explicarnos o que tiñamos
que facer: unha historia en forma de cómic. Podía non ter diálogos,
podía ser en branco e negro, en cor... e, de súpeto, xa tiña todo
claro. Escoitaba as queixas dos meus compañeiros: "Eu non sei
que facer!", "Eu non sei como facelo!" "Eu non
sei debuxar ben!". Ben, esa última pode que fose eu.
Púxenme á tarefa
rapidamente e comecei facendo o guión. A historia xa a tiña clara
na cabeza: un home tentando facer de superheroe no mundo real, no que
sendo unha persoa "normal" non hai moito onde exercer ese
traballo. Xa tiña claro que debía facer unha historia divertida,
unha situación cómica; porque en cuestión de debuxo non ía
destacar o máis mínimo. Ensineille o guión á mestra e recordo que
se rira. Non fora moito, mais eu vira o atisbo dun sorriso. Iso deume
ánimos para seguir adiante, e, en pouco tempo, xa tiña rematado o
exercicio.
Pasou o tempo. Cando eu
xa me tiña olvidado do asunto do cómic, un día chegou Juani á
nosa clase e comunicou que eu gañara o segundo premio. Ao principio
quedei algo confusa, case nin me acordaba do que falaban!