17.2.13

Exposición "Cinco anos de Banda Deseñada na Mariña"

A partir do 19 de febreiro e ata o 21 de marzo de 2013, estará aberta ao público na Casa da Cultura de Burela a exposición titulada “Cinco anos de Banda Deseñada”, mostra que recolle os traballos premiados destes últimos catro anos do Concurso de creación de Banda Deseñada asi como, unha recompilación das actividades levadas a cabo nos Encontros de Banda Deseñada en torno ao mundo desta sétima arte.

Esta mostra resulta de interese para a formación do alumnado. 

O horario de atención ao público é de 9:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00, de luns a venres.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...