O mércores 26 de outubro, o alumnado de 2º de ESO iniciou a campaña de educación ambiental MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR,
promovida polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A
Mariña-Ortegal.
O Dpto. de Tecnoloxía do IES Perdouro deseñou a ruta da saída con varias visitas de grande interese.
A primeira parada foi en Viveiro no barrio de Magazos, onde o grupo de alumnos foi acollido nunha casa indiana para descubrir no seu vestíbulo un magnífico acuario de arrecife asi como unha granxa de cultivo de corais ubicada nun bungalow. Reef Water é o nome desta empresa pioneira dedicada ao cultivo, á reprodución e a distribución destes delicados animais mariños.
Vanesa Rodríguez e o seu marido, Luis Vigo, explicaron a súa afección pola acuarofilia mariña. Hai 2 tipos de coral: os blandos e os duros (con esqueleto de carbonato de calcio) que teñen pólipos largos e pólipos curtos. Comen fitoplanctón e zooplanctón. Fan fotosintese.
Primeiro hai que asentar o acuario coa auga e as rochas antes de nada. As rochas son alimentos para os corais. Hai que esperar sete meses antes de poder introducir no acuario, fiel reprodución do ecositema natural mariño (é dicir telo estabilizado en auga e rochas) un fillo de coral. O control de algas ten que ser moi estricto nun acuario de arrecife. Vanessa dinos que os corais segregan velenos para defenderse. Os peixes nun acuario son moi importantes. Os chamados ciruxanos (Dori) comen as algas que poden. Os peixes cocheros, os desparasitadores comen os vermes. A carola e a estrela son desparasitadores de peixes.
Nos traslados, estes peixes tropicais sufren moito estrés durante as 30 horas que pode durar a viaxe. Hai que aclimatalos antes a comer comida artificial.
As rochas veñen da barreira coralina da illa de Fidxi, Indonesia. Para o traslado de coral, animais protexidos, fai falla moito papeleo e esperar ata 2 ou 3 meses para a súa aprobación. Unha vez cheguen ao territorio español, hai un control veterinario. Tamén hai que aclimatalos en temperatura. Reciben en 24 horas os corais importados de Indonesia e Australia.
Na granxa dedicada á cría de corais mariños en tanques especiais onde se reproducen as condicións do mar nas que viven estos delicados animais, os corais prodúcense por fragmentación; a partir dunha colonia suficientemente grande (nai) córtanse fragmentos que se fixan con pegamentos especiais e estructuras plásticas ou bases realizadas con cemento e grava coralina. Reef Water pretende dar asi suministro de corais criados en cautividade, de maneira que se protexa e non se dane o entorno mariñon natural destes seres.
Máis info no artigo da Voz de Galicia.
Para ver a completa reportaxe fotográfica, pica aquí.
Ficha didáctica Reef Water
A segunda visita foi na carpintería de ribeira de Francisco Fra Rico, en San Cibrao, un pobo costeiro do concello de Cervo. Francisco Fra, único carpinteiro de ribeira na Mariña, recibiu o grupo de alumnos no seu estaleiro. Paco pertence á sétima xeración de carpinteiros na súa familia. O seu tataravó fundou en 1806 a carpintería de ribeira de San Cibrao. Hai moitas fotos antigas e chama a atención unha de 1940 onde o seu avó fabricou a máis grande embarcación de 38m de eslora e de 13 toneladas de carballo. O carpinteiro explicou os tipos de madeira e o seu uso: o carballo para as pezas curvas e para a estrutura; o eucalipto para as pezas rectas e longas e o pino. Tamén indicou que escolle el a madeira no monte na época de corte, baixante de xaneiro, cando a sabia está baixa de todo. A vantaxa da madeira na construción dunha embarcación é o feito de que non contamina. Segundo uns estudos de CSIC, a fibra emite 100 toneladas de CO2 mentres que a madeira 10 toneladas. O aluminio ten un impacto 10 veces maior. A madeira non se esgota, é renovable. Logo explicou como deseña os planos e fai as maquetas antes da fabricación dun barco. No seu taller enxebre, ensinou as ferramentas do carpinteiro de ribeira que usa (garlopas, cepillos, etc...) e fixo demostracións para ver o seu manexo e resultado. Falounos da fibra de cáñamo alquitranada chamada estopa que serve para tapar os furados entre as madeiras. Paco foi capaz de transmitir o amor que lle ten a súa profesión.

Ficha didáctica Carpintería de ribeira
A terceira visita foi no Museo Provincial do Mar de San Cibrao. Alí faláronnos dos aparatos de navegación, da colección de cunchas e da pesca á balea.
D. Francisco M. Rivera Casás foi o fundador do actual museo, antes escola. Foi mestre e gran coleccionista de obxectos mariños. O museo ten catro salas. Na entrada, hai moitas fotografías de San Cibrao, da flota galega de principios do século XX e unha máquina de vapor.
Na primeira sala á dereita, a exposición céntrase no instrumental de navegación como compases, sextantes, cartas náuticas, faros e outros instrumentos marítimos interesantes.
Na segunda sala hai unha amplía colección de moluscos e crustáceos así como algúns aparellos de pesca e unha goleta.
A última sala está dedicada á caza das baleas así como aos utensilios utilizados para a súa captura. Hai uns cantos restos óseos de baleas capturadas en San Cibrao.

Ficha didáctica Museo do mar
Nesta travesía puideron coñecer un pouco máis a cultura mariñeira e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal, co obxectivo de poñer en valor os recursos do mar.

Sem comentários:
Enviar um comentário