O IES Perdouro iniciou a campaña de educación ambiental MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR, promovida polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, e que persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar.
O luns, día 24 de outubro, Carlos Gil, biólogo mariño, impartíu unha charla de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, destinada ao alumnado de 2º de ESO.
Explicounos a min e aos meus compañeiros moitas cousas interesantes sobre o mar: as correntes mariñas, o clima de diferentes zonas entre outras cousas. Tamén falounos da fauna e da flora mariña das zonas máis importantes do litoral para concienciarnos da cultura mariñeira, dos recursos naturais e das artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Tamén fixo fincapé no valor sustentable das actividades económicas do sector do mar.
Alejandra Alonso Fernández - 2º ESO A
Sem comentários:
Enviar um comentário