Co fin de promover unha
conciencia de reciclaxe entre os rapaces, participamos na campaña “Oportunidades Galicia. Separemo ben, reciclaremos mellor” que ten como obxectivo facer partícipes da reciclaxe a alumnos, profesores e pais, e alcanzar
así os seus beneficios ambientais, económicos e sociais.
A iniciativa, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e
Ordenación do Territorio, contando coa colaboración de Ecoembes e Sogama, e co apoio de distintos sistemas integrados de xestión
(Ecovidrio, Ecopilas, Ecolec, ERP, Ecotic, Ecoraee, Ecoasimelec,
Ecofimática, Tragamóvil, Ambilamp e Ecolum), adéntrase nas aulas co
principal obxectivo de promover as boas prácticas ambientais no
principio europeo dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe).
Así pois, o martes 25 de outubro, o alumnado de 1º e 2º ESO recibíu unhas charlas
informativas
impartidas por un educador ambiental que lle explicou en que consiste
unha xestión sostible do lixo, proporcionándolle ao alumnado as claves para reducir a xeración de refugallos, para alongar a vida
útil dos produtos a través da reutilización e para facilitar a súa
transformación en novos recursos mediante a recollida selectiva,
depositando cada fracción no colector correspondente. Explicou a necesidade de contar coa participación de todos a través da práctica das tres erres "3R": Reducir as cantidades de lixo producidas, Reutilizar os produtos o maior
número de veces posible ata esgotar a súa vida útil, e Reciclar
separando as
distintas fraccións que conforman o lixo.
Sem comentários:
Enviar um comentário