22.1.17

Acto dedicado a Álex Landim

A biblioteca do IES Perdouro acollerá ás 11:05 da mañá do martes, día 24 de xaneiro, un acto académico dedicado ao ex-alumno Álex Landim Correia, gañador dun dos premios á dedicación e esforzo convocados pola Consellería de Educación.
Ademais do mozo premiado, no acto -coordinado por Virginia Lama, profesora de Inclusión Educativa- participarán a Xefa de Estudos (María José Andión), a Vicedirectora (Karina Parga), a coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística (Miruca Parga), Antonina Semedo e unha representación de alumnos e alumnas que alcanzaron o título de ESO durante o curso 2015-2016.
Con atención específica para o alumnado de recente incorporación ao sistema educativo galego desde setembro de 2014, o IES Perdouro conta desde o presente curso académico cunha profesora especialista en Inclusión Educativa.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...