Antón Niñe, presente da AC "Os Matos", abriu o acto manifestando con orgullo e celebrando o novo formato da revista Maruxía 23, o formato xornal por ter acadado o premio no certame Escuela de Prensa de EL Progreso. Este ano as alumnas de 3º PMAR foron as encargadas de maquetar e elaborar os contidos da revista coa axuda dos compañeiros. Miruca Parga explicou como traballaron areo coas súas alumnas para entregar a revista a tempo para o certame. Foi todo un reto onde todas elas se comprometeron totalmente pasando tardes enteiras para facer un traballo ben feito. Maruxía 23 recolle unha moi pequena mostra de todas e tantas actividades que se celebraron e desenvolveron durante este vigoroso ano académico. Tamén conta con varias seccións: alimentación, vida sa, voluntariado, deportes, xogos.
Accede a reportaxe fotográfica AQUÍ.
Sem comentários:
Enviar um comentário