Para conmerorar o día mundial dos océanos,
os rapaces de 4º de ESO coidaron da nosa ribeira o venres pola mañá.
Un ano máis
sumámonos a esta cita mundial da limpeza simultánea das praias e este ano facémolo da man da campaña #15díaporlosoceanos.
Acompañados por Mª José Cao, monitora de Gaia, e por Óscar García de Coge3, os alumnos limparon o tramo da ribeira que vai dende a igrexa de Coedo ata a Pasada das Cabras.
Recolléuse unha cantidade significativa de residuos do litoral (14 bolsas e 2 neumáticos) esencialmente restos de botellas de plástico, redes, botas, neumáticos,
farrapos mais tamén había latas e aerosoles. Non podemos consentir que
algúns convirtan a nosa ribeira nun vertedoiro salvaxe!!!! Temos que contribiur ao coidado do noso medio natural.
Sem comentários:
Enviar um comentário