AFROFÉMINAS
O día 20 de marzo de 2018, o alumnado de 3ºESO tivemos a oportunidade de gozar dunha charla de Antoinette Torres Soler. Antoinette é unha muller cubana de raza negra que chegou a España no 2007 a través dun matrimonio mixto.
Ela estívonos contando moitas das súas experiencias dende que chegou; xa antes de chegar, a xente dicía que ela se trasladaba a España para conseguir os papeis e para gañar diñeiro e non por amor ao seu marido, co que actualmente leva doce anos casada e ten unha filla.Tamén nos contou a ocasión na que estaba comendo co seu marido na casa e lle timbrou á porta un repartidor dun pedido que ela fixera; cando abriu, o repartidor preguntoulle pola muller da casa, dando a entender que ela sería unha servente, polos estereotipos que a comunidade ten asociados. Outra experiencia que nos relatou foi que estivo dando conferencias en moitos sitios e tamén falando noutros institutos e que os mozos da nosa idade, cando ela lles preguntaba polo que oíran falar sobre a xente da raza negra, dicían cousas tan inapropiadas como que transmitían enfermidades.
Antoinette relatounos este tipo de aventuras con total normalidade e sen prexuízo ningún. Ela o que quería facernos ver é os estereotipos que se crean na sociedade e que xulgan as persoas antes de coñecelas. Púxonos de exemplo a muller negra que recentemente asasinou un neno pequeno: ela está totalmente de acordo en que esa muller pague a súa culpa, pero tamén é verdade que a xente aproveitou para dicir que todas as mulleres de raza negra eran coma ela, cando probablemente se fose de raza branca, non se especularía sobre iso.
Posteriormente, falounos sobre a revista “Afroféminas” que ela mesma creara hai catro anos coa intención de que mulleres de raza negra coma ela non se sentisen soas porque en España había uns estereotipos que a todas elas lles afectaban. Explicounos que na súa revista escribía xente de todo o mundo (e non só mulleres de raza negra) contando as súas propias historias ou agradecendo a axuda doutras persoas que escriben tamén. Serve de gran axuda a todas aquelas persoas que pensaban que estaban soas e agora danse de conta de que non é así.
Finalmente, fixemos uns debuxos de persoas coa profesión que ela nos mandou e cunha historia onde se vira que estaba racializada, é dicir, que se tivera en conta a súa raza para realizar unha ou outra profesión. Ela recolleunos e dixo que ía facer unha exposición cos que mellor estiveran feitos.
Esta charla serviume de gran axuda para poñerme na pel da outra persoa, é dicir, para empatizar con ela e saber así todo o que teñen que soportar.
Accede à reportaxe fotográfica aquí.
JORGE QUELLE - 3º ESO

Sem comentários:
Enviar um comentário