O pasado mércores 21 de marzo os alumnos de 1º ESO viaxaron a Coruña para participar nos obradoiros de matemáticas manipulativas IMATXINA, que tivo lugar no IESIDE (Fundación Abanca). Previamente visitaron a Casa das Ciencias, de 10:30 a 11:30h.
Na súa XIV Edición, IMATXINA é un encontro didáctico organizado pola Fundación Escola Rosalía e Afundación, a Obra Social de Abanca, onde se difunde un modelo para aprender as matemáticas dunha maneria lúdica, manipulativa e participativa.
Os obxectivos
principais de IMATXINA son os de fomentar a imaxinación e a
creatividade, a curiosidade e o espírito crítico a través de prácticas divertidas, dinámicas e atractivas.
O alumnado aprendeu a traballar en equipo, a valorar e a respectar as
opinións propias e alleas.
Accede á reportaxe fotográfica aquí.
Accede á reportaxe fotográfica aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário