Un grupo de gaiteiros veteranos de zona das terras da Fonsagrada e zonas
limítrofes entre Asturias e Galicia (Oscos, A Pontenova...) fanse chamar "Os Clásicos" e os seus nomes son: Nela de Bres
(Taramundi), Modesto de Murias (A Fonsagrada), Ilario (Taramundi), Antón e Vicente
de Lourenzá. Non son profesionais da música, pero podemos consideralos
como grandes músicos.
Estes cinco homes, catro deles máis maiores, ensináronos varias pezas tradicionais moi coñecidas e populares na nosa comunidade. Explicáronnos como aprenderon eles a tocar, que foi autodidacticamente. Ninguén lles ensinou nada. Eles cando ían ao campo sempre levaban o instrumento con eles e tocando, e desafinando de vez en cando, conseguiron ser o que son hoxe en día: uns dos mellores gaiteiros de pezas galegas.
Para clausurar o concerto didáctico uns alumnos de 1º de ESO (Andrea P. e Roi) e outro de 4º ESO (Marcelo) animáronse a tocar con eles unhas pezas.
Todos eles foron moi amábeis con nós; non tiveron reparo en contestar as nosas preguntas e contarnos vivencias propias para que aprendamos.
Persoalmente, gustoume moito. Non moita xente sabe tocar tan ben os instrumentos propios da nosa terra e é unha moi boa forma de mostralos a rapazas e rapaces que non os coñezan ou non se decidan a tocalos.
Sem comentários:
Enviar um comentário