Pequeno adianto da celebración do Día de Rosalía na biblioteca do IES Perdouro. #AbrideAFiestra.
Deuse lectura ao manifesto da AELG. Contouse coa actucación musical en
directo de Moreninhas, de Flávio e do Trío da Banda Dambara e coa
proxección de videopoemas feitos polo alumnado.
Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.
Cada ano a AELG encomenda a un autor/a o texto do manifesto que se propón ler en cada un dos actos que calquera entidade ou colectivo queira organizar para celebrar o Día de Rosalía de Castro.
Este ano foi María Reimóndez a encargada da elaboración do seguinte manifesto.
Sumámonos as celebracións facendo un pequeno acto o venres 23 de 11:20 a 12:20 coa lectura do manifesto, a actuación musical en directo de alumnos e a proxección de videopoemas.
O pasado o venres 26 de xaneiro, alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e
do Ciclo Superior de Administración e Finanzas estivo na sede
central de Inditex, en Arteixo.
Unha persoa encargada das relacións públicas da empresa atendeu o grupo de estudantes que estaba acompañado pola Xefa de Dpto e a titora dun dos grupos. Aí tiveron a oportunidade de coñecer as actividades relativas
ao deseño, fabricación, loxística e distribución desta empresa punteira. Explicoulles brevemente o
funcionamento do grupo: as marcas, o modelo de negocio,
a proxección internacional e do e-comercio.
Inditex
es unha das maiores compañías de distribución de moda do mundo, con oito formatos
comerciais (Zara, Pull & Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius,
Oysho, Zara Home y Uterqüe) e con 7.504 establecementos en 94
mercados dos cales 45 son mercados on-line. Traballan con 1.805 provedores e 6.959 fábricas en todo o mundo e ten contratado a 162.450 profesionais.
GOA foi a primeira marca de Amancio Ortega e abreu a primera fábrica en Sabón en 1977. De aí medrou esta multinacional que hoxe forma este xigante téxtil. A sede central do grupo en Arteixo agrupa Zara -incluido o negocio online- e Zara Home. Pull&Bear
ten a súa sede en Narón e Massimo Dutti e Stradivarius están en Barcelona, con
Bershka, Oysho e Uterqüe. En Arteixo hai máis de 4.000 traballadores de 140 nacionalidades diferentes. O inglés é a lingua oficial de comunicación da empresa.
A visita guiada iniciouse polas oficinas onde apostan por unha forma de traballo aberta. Hai tres secións:
neno, cabaleiro e muller. Cada zona de traballo conta con deseñadores, comerciais para a compra aos provedores e con
patronaxe. Levaron aos alumnos de IES Perdouro polos departamentos de creacción e confección, de fotografía, a área de venta on-line, de escaparatismo onde se crea o estilismo e imaxe dos escaparates das vindeiras temporadas. Logo os alumnos entraron nunha tenda piloto, a de Zara Home.
Continuou a visita pasando por un túnel que comunica a sede cunha das 11 fábricas de confección do grupo téxtil. Estas fábricas comunícanse a través de raíles manuaís e automáticos, 250 km en total, mediante códigos e lectores de códigos. Aí viron o centro de produción onde se realiza o corte, acabado e control de calidade dos artígos.
Finalmente rematou a visita no centro loxístico de distribución para todas as fábricas e tendas do grupo, uns 300.000 metros cadrados de instalacións. Contan con dous tipos de carruseles, uns que
distribúen 10.000 unidades/hora e outros que teñen unha distribución aínda
maior, 30.000 unidades/hora. A distribución faise de dúas maneiras. Se o transporte vai tardar menos de 30 horas en chegar ao seu destino, faise por camión, e senón por avión.
Como Inditex non ten transporte propio, subcontrata outras empresas. Dúas veces por
semana, cada tenda do grupo Inditex recibe dous camións de mercancía.
Dende que a mercancía sale dos centros de distribución ata que chega á tenda, o tempo máximo que pasa son 50 horas.
Normalmente sale o camión ata a plataforma do país donde vai levar a mercancía e unha vez aí, contratan camións máis pequenos que
podan entrar nas cidades a deixar a mercancía.
Foi unha visita de grande interese para o alumnado do Ciclo de Administación onde puideron
ver o funcionamento dunha das empresas máis importantes do mundo e a impresionante plataforma
loxística que mellor funciona en España.
O pasado mércores, día 24 de xaneiro, o alumnado de 3º de ESO e 4º ESO de Música fomos de viaxe a Santiago e alí fixemos unha parada no Museo do Pobo Galego, anteriormente convento e igrexa (igrexa e convento Santo Domingo de Bonaval), para ver o Panteón de Galegos Ilustres e, mais tarde, fumos ao auditorio de Galicia para escoitar o concerto didáctico de"As Lollipops”. Finalizadas as dúas actividades do día, pasamos algo de tempo libre no centro comercial “As Cancelas”.
A primeira parada foi no Panteón, que é unha obra de estilo renacentista que comezou cando era unha simple capela da igrexa en desuso; para darlle utilidade e importancia, reconstruíuse xunto co covento e igrexa e foi inaugurado como un panteón para acoller os restos dalgúns dos máis importantes e ilustres galegos. Todo comezou en 1891 co traslado da famosa escritora Rosalía De Castro; seguida de Alfredo Brañas, escritor e filósofo; Ramón Cabanillas, poeta; Domingo Fontán, ilustrado, filósofo e tamén político e topógrafo; Francisco Asorey, escultor; e, o máis recente, Castelao, político e escritor, artista e médico.
Na segunda parada no Auditorio vimos a tres mulleres chamadas “As Lollipops”, que cantaban ao son dun pianista, Cristian Leggiero, cancións da época dourada do swing dos anos 50 con elegancia e espírito da década máis glamourosa do século XX, a ritmo de pop, blues... e cunha fermosa vestimenta ao “pin-up” moi característica dos anos 50. O trío musical está formado polas coñecidas cantantes galegas Paula Romero, Marian Ledesma e Paty Lesta. Cada unha delas tiña un tipo de voz que as caracterizaba: unha con voz soprano, galega; outra forte, estadounidense; e a última, mezzoforte, arxentina.
Xa rematadas as dúas visitas fomos dirección ao centro comercial “As Cancelas” onde disfrutamos de tempo libre para xantar e pasar polas tendas.
A terceira conferencia sobre STEM do programa "A ponte entre o ensino medio e a USC" centrouse sobre o Que ten que ver a química con nós? Fármacos, plásticos, biotecnoloxía, ecoloxía, nanotecnoloxía... e foi destinada ao alumnado de 3º ESO e 4º ESO de Tecnoloxía. Celebrouse na biblioteca o pasado venres 16 de febreiro.
Ricardo Riguera Vega, profesor de Química Orgánica da USC e do CIQUS, faloulles brevemente do papel da Química, como parte das ciencias da natureza, na nosa vida, con exemplos do que son os produtos naturais, os fármacos e os plásticos, a súa orixe e usos na vida corrente. Así mesmo, describiu o significado da biotecnoloxía, a ecoloxía, a química verde, a nanotecnoloxía, e a súa relación coa química e as outras ciencias, ilustrándolo con exemplos da publicidade, a necesidade entender "de ciencias " para saber o que comprar.
Os alumnos de 4º da ESO A fomos desde Burela ata os arredores de Ribadeo para facer fotografías co obxectivo de coñecer a Historia da Mariña e, posteriormente, elaborar con elas o calendario do centro para o 2018.
Comezamos o percorrido na igrexa de Cangas. Alí explicáronnos que é unha igrexa do s. XVII. Diante dela, atópase unha vella moreira, que é unha das poucas árbores da Mariña que está inscrita no Catálogo galego de árbores senlleiras. Esta igrexa e o seu cemiterio están construídos sobre un castro.
Logo, chegamos á Casa de Reimunde en San Martiño. Trátase dunha casa grande dos s. XVIII-XIX con numerosas chemineas e unha gran galería. Pertence á casa un eucalipto de gran porte que tamén consta no Catálogo galego de árbores senlleiras.
Na Frouxeira vimos os restos da fortaleza baixomedieval (s. XV) do mariscal Pardo de Cela. Este baluarte foi atacado polos Reis Católicos e o seu dono foi executado na praza da catedral de Mondoñedo.
A seguinte parada foi no Santo Estevo do Ermo, enclave rico en lendas e en mananciais. Estivo habitado por mulleres eremitas posiblemente na Alta Idade Media. O seu labor tiña que ver seguramente coas propiedades cuativas da Fonte das Rosas e da Fonte de Ferro que se atopan neste lugar.
Logo dirixímonos á Casa do Penelo, que é unha casa indiana, é dicir, ten a construción propia das vivendas que mandaban levantar os emigrantes adiñeirados despois de chegar dende América. O xardín ten árbores de gran tamaño que foron traídas tamén de América.
Despois disto, fomos ver A Roda que é un círculo lítico que podería ser un henge (área circular ou esférica de grandes pedras en torno a unha superficie plana) que pode datarse arredor de 1500-1000 a.C.
Visitamos tamén as cetarias de Rinlo, que son unhas instalacións realizadas no s. XIX aproveitando furnas escavadas polo mar para a cría de marisco.
En penúltimo lugar, pasamos polo Castro das Grobas que é un castro que destaca pola súa estrutura defensiva de parapetos e foxos de grandes dimensións
Por último, fomos ver as Pisadas do Encanto que son uns petróglifos podoformos (inscricións en forma de pé ou de dous ou máis pés xuntos) escavados en lousa. Son representacións de pegadas humanas e de oso datadas arredor do 1000 a.C. e situadas nas Anzas, no concello de Ribadeo.
O 11 de febreiro é o Día internacional da muller e a nena na ciencia,
unha iniciativa da Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de promover
a participación equitativa e plena de mulleres e nenas na ciencia.
AAC Alexandre Bóveda quixo contribuír ao espallamento
desta efeméride dando visibilidade ao traballo realizado
por científicas galegas. Fixeron unha moi breve escolla de media ducia
de mulleres que co seu traballo lograron avances importantes no mundo
científico e/ou nos dereitos das mulleres.
👩🔬Elena Vázquez é decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela
e dirixe o programa de estimulación de talento matemático Estalmat. Con
motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, reflexiona sobre o que
queda por facer. #MulleresenCiencia#11febreiro