O pasado mércores, día 24 de xaneiro, o alumnado de 3º de ESO e 4º ESO de Música fomos de viaxe a Santiago e alí fixemos unha parada no Museo do Pobo Galego, anteriormente convento e igrexa (igrexa e convento Santo Domingo de Bonaval), para ver o Panteón de Galegos Ilustres e, mais tarde, fumos ao auditorio de Galicia para escoitar o concerto didáctico de "As Lollipops”. Finalizadas as dúas actividades do día, pasamos algo de tempo libre no centro comercial “As Cancelas”.
A primeira parada foi no Panteón, que é unha obra de estilo renacentista que comezou cando era unha simple capela da igrexa en desuso; para darlle utilidade e importancia, reconstruíuse xunto co covento e igrexa e foi inaugurado como un panteón para acoller os restos dalgúns dos máis importantes e ilustres galegos. Todo comezou en 1891 co traslado da famosa escritora Rosalía De Castro; seguida de Alfredo Brañas, escritor e filósofo; Ramón Cabanillas, poeta; Domingo Fontán, ilustrado, filósofo e tamén político e topógrafo; Francisco Asorey, escultor; e, o máis recente, Castelao, político e escritor, artista e médico.

Xa rematadas as dúas visitas fomos dirección ao centro comercial “As Cancelas” onde disfrutamos de tempo libre para xantar e pasar polas tendas.
Ver o albúm de fotos aquí.
Ver o albúm de fotos aquí.
Yaniss dos Santos
- 3º ESO
Sem comentários:
Enviar um comentário