O día 24 de maio os dous grupos de 1º de ESO desprazáronse ata os concellos de Barreiros e Ribadeo para coñecer varios aspectos da Mariña Oriental. A actividade foi organizada polos Departamentos de Ciencias Sociais e Relixión Católica.
A primeira parada da ruta fíxose no concello de Barreiros, na Praia da Anguieira, onde os alumnos contemplaron a desembocadura do río Masma, que forma a ría de Foz, e escoitaron as explicacións de temas históricos, económicos, e a influencia da man do home na natureza.
A viaxe continuou percorrendo a estrada que bordea os areais do concello, pasando por diante da casa-museo do pintor Celso Dourado, antes de chegar ao entorno da Praia de Augas Santas, máis coñecida como Praia das Catedrais.
En Ribadeo, a primeira parada foi na área do Cargadoiro, recibindo información deste lugar, facendo referencia ao antigo tren mineiro de Vilaodrid a Ribadeo e á carga de material nos barcos de cabotaxe.O Forte San Damián e o Albergue de Peregrinos son outras construcións que tamén viron os rapaces, xa que se encontran no seu entorno.
A seguinte parada fíxose nos arredores da Illa Pancha, atendendo o alumnado ás explicacións sobre as funcións e as características dos faros.
Logo dun tempo de lecer, a visita continuou na Praza de España, onde o grupo escoitou as explicacións sobre os edificos desta zona: A Casa do Concello -antigo Pazo do Marqués de Sargadelos-, a Torre dos Moreno, a Igrexa de Santa María e o Convento de Santa Clara, onde os viaxeiros coñeceron varias particularidades deste edificio e da vida monacal.
Antes das 14 horas a expedición regresou ao I.E.S. Perdouro, despois dunha mañá intensa na que os visitantes coñeceron un pouco máis a Comarca de A Mariña.

Sem comentários:
Enviar um comentário