O pasado venres 3 de Xuño visitou o instituto o músico burelés e antigo alumno Israel Arranz para impartir aos alumnos de música unha clase maxistral.
Acaba de saír ao mercado o segundo disco do grupo de jazz latino Marosa Jazz Project, que el lidera. O disco leva por título “Lémbrame” e está integrado por sete temas de composición orixinal, dos cales seis están firmados por Israel.
Acaba de saír ao mercado o segundo disco do grupo de jazz latino Marosa Jazz Project, que el lidera. O disco leva por título “Lémbrame” e está integrado por sete temas de composición orixinal, dos cales seis están firmados por Israel.
Aproveitamos a ocasión para que viñera a presentalo e de paso falounos de moitísimas cousas. Explicou detalladamente o proceso de grabación e produción dun disco e o funcionamento da industria discográfica, falounos da súa traxectoria persoal e a súa formación como músico e por suposto deleitounos có son do seu vibráfono interpretando en directo algúns temas de jazz. Foi unha auténtica clase maxistral onde os rapaces puideron aprender e disfrutar moitísimo.
Actualmente Israel Arranz é todo un referente do vibráfono e do jazz latino non só en España, senón tamén en Europa. Recentemente estivo en Wupertal (Alemaña) no Festival Europeo de Vibráfono, en calidade de docente e codéandose cos mellores músicos deste xénero como Tony Miceli.
Auténtico jazz galego dende Burela para o mundo, foi un enorme privilexio contar cá presenza de Israel e disfrutar do seu traballo.
Dolores Otero, profesora de música
Sem comentários:
Enviar um comentário