12.6.16

Concerto "Son de Nós"

O pasado venres 10 de Xuño contamos cá presencia na aula de música do grupo vocal “Son de Nós”, sexteto vocal a capella que iniciou a súa andadura no ano 2012, baixo a dirección do músico viveirense Plácido Travieso.
Ofreceron unha primeira parte de carácter didáctico onde nos mostraron a súa maneira de traballar as voces e montar as cancións, para pasar logo ao concerto en sí.
As pezas que escoitamos forman parte do seu programa “Identidade”, proxecto presentado na primavera de 2016, có motivo da festividade das Letras Galegas, que este ano rende tributo ao poeta Manuel María. Trátase dunha selección de pezas galegas, algunhas con textos de poetas galegos como Curros Enríquez (Do mar pola orela) outras  tradicionais (Alalá de Noia), arranxadas harmónicamente na maioría dos casos polo director Plácido Travieso.
Nunha segunda parte do concerto puidemos escoitar as súas versións corais de pezas pop tan coñecidas como “ Déjame” de Los Secretos ou “El sitio de mi recreo” de Antonio Vega.

De paso aproveitamos para presentar o libro de teoría da música que editou Plácido o pasado Agosto de 2015,  “Intervalos, acordes, graos da escala e ditado”. Nel plantexa unha metodoloxía práctica para a aprendizaxe integrada e significativa dos conceptos mencionados.

A actividade estivo dirixida aos alumnos de 3º ESO, 4º PDC e 1º BAC (alumnos de Análise musical)

Foi todo un luxo poder escoitar en directo a este grupo que se distingue principalmente por unha gran calidade vocal e un exquisito gusto na interpretación

Dolores Otero, profesora de Música 

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...