“Algo máis que unha
viaxe á neve”
Excursión
de tres días dun grupo de 26 alumnas e alumnos de 1º de ESO do IES
Perdouro de Burela.
O propio título creo que resume o
que foi esta viaxe á estación de esquí de San Isidro. Isto é así porque ademais de experimentar unha
nova forma de realizar actividade física nun entorno diferente e de
iniciarse nunha nova modalidade deportiva, este grupo tivo a
oportunidade de desfrutar dos efectos positivos a nivel físico,
mental e emocional que ten o feito de estar convivindo e realizando
xogos cooperativos, de imitación, representación, xogos baseados na
intuición e/ou razoamento,... e outras actividades lúdicas que
fortalecen os lazos de unión, a solidariedade, a autoestima, a
relaxación, así como a capacidade para comunicarse e relacionarse
cos demais.
Todo elo foi propiciado polo
ambiente idóneo afastado de teléfonos móbiles, de internet, de
televisores reproducindo programas lixo ou telexornais repletos de
novas negativas, e de calquera aparello que puidera interferir nos
obxectivos principais destas xornadas de convivencia educativa.
Pero a grande clave do éxito desta
experiencia multidisciplinar foi a actitude exemplar e as gañas de
divertirse destes rapaces e rapazas de Burela, que permiten intuír
un bo traballo educativo por parte das súas familias.
Benxa Soto, profesor de Educación Física
Accede aquí para ver as fotos.
Sem comentários:
Enviar um comentário