Este ano a celebración da Ciencia en Galego céntrase na cultura científica e na
cultura galega como patrimonio cultural europeo.
Elíxese Arquímedes como científico europeo pola súa
indiscutible importancia para a cultura científica, tal
como dá conta o feito de que a súa imaxe foi a elixida para
figurar na medalla Fields, a
medalla internacional para descubrimentos sobresaíntes
en matemáticas.
Arquímedes brinda múltiples posibilidades; pódese falar
de espellos ustorios, da panca para “mover o mundo”, da
coroa de ouro trucada, de Pi, da área e o volume da esfera a
partir da do cilindro, do parafuso de arquímedes, do
palimpesto, etc.
No relativo á cultura galega destacou ao Mestre Mateo pola arquitectura e escultura, especialmente na
catedral de Santiago, no pórtico da Gloria, Santa Tegra, O
dolmen de Dombate, os petróglifos, os labirintos, pero hai
un cento máis... Desde logo a arquitectura tamén é unha
ciencia aínda que tamén sexa unha arte.
Tedes información adicional sobre o Pórtico e Arquímedes
en cienciaengalego.org, por
exemplo en http://www.cienciaengalego.org/node/444
Sem comentários:
Enviar um comentário