1.11.18

Obradoiro de Reanimación Cardiopulmonar

O día 16 de outubro recibimos a noticia de que, en lugar de asistir ás últimas dúas clases da mañá, iriamos a un obradoiro na Praza do Concello.
Era o Día Europeo da Reanimación Cardiopulmonar e o Concello de Burela, xunto co 061, organizaron un obradoiro de RCP.
Alí, tras unha presentación de profesionais médicos e o testemuño dalgunhas vítimas, empezamos coa práctica.
A nosa especialista-monitora explicounos como se podía recoñecer cando se produce unha parada cardiopulmonar e, obviamente, como tratala mentres que os servizos de emerxencia están en camiño. Facendo distintas quendas, acabamos (un pouco cansos) por salvarlle a vida a un boneco (algún grupo tamén puido practicar cun desfibrilador portátil) e rematamos vendo parte do interior dun vehículo de rescate.

Accede á reportaxe fotográfica aquí.

Crónica de Daniel Piqueras Valle - 4º ESO

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...