8.11.18

Visita á unha granxa de corais

O pasado luns 5 de novembro, os alumnos e alumnas de 1º de ESO, xunto con algúns mestres, fomos de excursión a Viveiro dentro da campaña de educación ambiental MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR, promovida polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal.

A primeira parada foi no barrio de Magazos, onde o grupo de alumnos foi acollido nunha casa indiana para descubrir no seu vestíbulo un magnífico acuario de arrecife asi como unha granxa de cultivo de corais ubicada nun bungalow. Reef Water é o nome desta empresa pioneira dedicada ao cultivo, á reprodución e a distribución destes delicados animais mariños. Aí soubemos máis da acuarofilia mariña

Eramos moitos, así que nos dividimos en dous grupos. O primeiro grupo foi ver un acuario moi grande xunto cunha guía chamada Vanesa Rodríguez. Explicounos diversas aspectos sobre os corais e os peixes que habitaban nese ecosistema. Cando acabou a explicación fomos con outra guía, Ana, ver outros 20 acuarios máis. Tamén nos contou curiosidades diferentes que para todos nós eran descoñecidas. Logo, deunos un tempo para observar de preto todos os seres vivos que habitaban cos corais en cada acuario, entre eles: estrelas de mar, peixes paiaso, cogombros de mar.

Mentres nós faciamos todo isto, no centro sociocultural de Magazos un biólogo chamado Carlos Gil deulle ao grupo dous unha charla sobre a contaminación que hai no mar e no océano, explicou qué son os corais, qué lles fai falta para poder vivir… e ata lles puxo uns cuantos vídeos para poder entendelo ben. Cando ambos grupos acabamos, reunímonos para tomar a comida de media mañá. De seguido, cada grupo fixo o que fixera antes o outro. Aprendemos moitas curiosidades novas e moi interesantes!!

Por desgraza, como todas as excursións, nalgún momento tiña que acabar. Volvémonos reunir todos e fomos para o autobús. Cando chegamos ao instituto descansamos e lemos os folletos informativos que nos deran á saída. Foi unha excursión da que aprendemos moito e á que nos gustaría volver, só que sen chuvia, claro, puxémonos pingando.

Accede ao álbum de fotos aquí.

Laura González, 1º ESO B

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...