O martes 9 de outubro, ás 8:30, fomos a unha saída en autobús ata Foz para facer kaiak e surf na ría de Foz e na praia da Rapadoira, dentro do programa "Mares de Cultura". Ao chegar alí, recibíronnos uns monitores de Maremasma que nos dividiron en dous grupos para facer as actividades e logo repartíronnos uns traxes de neopreno.
Despois diso, baixamos ata a praia, e alí déronnos as táboas, os kayak e as palas, e antes de comezar a usar o material, déronnos unha breve charla de como funcionaba todo aquilo. Seguidamente, cada grupo comezou a actividade que lle correspondía e ao cabo dun tempo cambiamos.

Ao rematar as actividades, démonos unha ducha, devolvemos o material e limpamos as táboas de surf; deixamos os nosos neoprenos, vestímonos e os profesores déronnos un tempo para comer a nosa merenda e ir dar unha volta. Ás 13:30 volvemos ao autobús para retornar ao instituto. Foi unha viaxe moi divertida.
Accede aquí ás fotos.
Crónica de Dámaris Carballo Dorado - 2º ESO B
Accede aquí ás fotos.
Crónica de Dámaris Carballo Dorado - 2º ESO B
Sem comentários:
Enviar um comentário