22.5.14

Libroforum Modelo Burela co escritor lisboeta Pedro Miguel Rocha

O alumnado de 1º de Bach. asistiu na biblioteca do centro a un encontro literario “Modelo Burela”. Nesta ocasión, o protagonista da promoción da interculturalide foi o profesor luso Pedro Miguel Rocha, tamén coñecido como “o escritor portugués de alma galega”. Este chegou á Mariña para presentar en primicia a súa nova obra Contos Peregrinos, para a que contou coa colaboración de tres escritores galegos: Armando Requeixo (o ensaísta especializado na obra de Xosé María Díaz Castro), Carlos Quiroga (docente da Facultade de Filoloxía da USC) e Séchu Sende (o narrador Made in Galiza). Tras este acto celebrado en Burela, Pedro Miguel Rocha continuará coa súa apretada axenda que o levará á Escola de Idiomas de Ferrol e unha libraría de Santiago de Compostela. Na xornada do día 23 protagonizará un encontro de semellantes características na cidade da Coruña.

Pedro Miguel Rocha (Vouzela, Viseu, 1973) combina tres actividades: profesor de ensino secundario, editor e escritor. Licenciado en Ensino do Portugués e Inglés pola Universidade do Minho, especializouse en Ciencias Documentais e Escrita Literaria –nesete caso no Instituto de Criatividade, Artes e Novas Tecnologias da Universidade Nova de Lisboa. Tras tomar contacto co estudo da nosa cultura na Universidade do Minho (2000), asistiu en 2013 ao curso de Lingua e Literatura Galega ministrado polo profesor Isaac Lourido en Lisboa.

Alén da súa obra narrativa (Juntos Temos Poder (2009); Chegámos a Fisterra (2010); O Eremita Galego (2011); Contos Peregrinos (2014)), Pedro Miguel Rocha mantén o blogue “Português de Alma Galega”  co que pretende “Dar a conhecer a Galiza aos países de Língua Portuguesa (e vice-versa), através da partilha de informações, notícias, entrevistas e sugestões culturais”.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...