14.5.14

Viaxe pola Mariña oriental

O día 7 de maio o alumnado de 1º de ESO  desprazouse ata os concellos de Barreiros e Ribadeo para coñecer varios aspectos da Mariña Oriental. A actividade foi organizada polos Departamentos de Ciencias Sociais e Relixión Católica. 

A primeira parada da ruta fíxose no concello de Barreiros, na Praia da Anguieira, onde os alumnos contemplaron a desembocadura do río Masma, que forma a ría de Foz, e escoitaron as explicacións de temas  históricos, económicos, e a influencia da man do home na natureza.

A viaxe continuou percorrendo os areais do concello, pasando por diante da casa-museo do pintor Celso Dourado, antes de chegar ao entorno da Praia de Augas Santas, máis coñecida como Praia das Catedrais.

Seguidamente, o grupo achegouse á ribeira asturiana, no concello de Castropol, para ver a Ría de Ribadeo e a Ponte dos Santos

De volta a Ribadeo, a primeira parada foi na área do Cargadoiro,onde os alumnos puideron ver esta zona, recibindo información deste lugar, facendo referencia ao antigo tren mineiro de Vilaodrid a Ribadeo. O Forte de San Damián e o Albergue de Peregrinos son outras construcións que tamén viron os rapaces, xa que se encontran no mesmo lugar. 

A seguinte parada foi no entorno da Illa Pancha atendendo o alumnado ás explicacións sobre as funcións e as características dos faros. 

Logo dun tempo de lecer no centro de Ribadeo, a visita continuou na Praza de España, onde o grupo escoitou as explicación sobre os edificos desta zona: A Casa do Concello, antigo Pazo do Marqués de Sargadelos, a Torre dos Moreno e o Convento de Santa Clara.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...