7.5.14

Ruta da Auga - 3º ESO

Un grupo de 3º de ESO do IES Perdouro acompañados polas monitoras do Centro de Educación Gaia, dun técnico da empresa Espina e Delfin e de profesorado, visitaron este mércores as instalacións da potabilizadora da Senra e a depuradora de Alfoz.

Desde Gaia explican que “os cidadáns debemos responsabilizarnos de non derrochar a auga e usala de maneira racional”. Nos conceptos que barallaron diante dos rapaces figuran que “para converter a auga non potable en auga apta para o consumo é necesario potabilizala (entendemos por auga potable a auga apta para o consumo humano, a que é apta para beber e para usos domésticos). Os tratamentos empregados nunha pranta potabilizadora para reducir as impurezas poden ser de natureza física, química ou biolóxica”.

Os rapaces escoitaron que a auga antes de chegar ás casas ten o seguinte percorrido:
- Almacenamento: a auga almacenase nun embalse.
- Potabilización: A auga trátase nas prantas de potabilización para adecuar a súa calidade ao consumo humano. Filtrase para eliminar a materia orgánica e as partículas que leva en suspensión e desinféctase con cloro.
- Distribución. A auga lévase ata as casas a través de grandes condutos.
- Depuración: A auga depúrase antes de ser enviada ao mar.

Desde Gaia engaden que “con esta visita guiada preténdese concienciar ao alumnado da importancia do uso sostible da auga, do ciclo da auga e a depuración como clave para o mantemento dos ecosistemas mariños”.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...