Coloquio
sobre a atención á diversidade do alumnado de ensinanza secundaria,
especialmente o de procedencia inmigrante
Cando nas escolas hai
grupos de alumnos e alumnas que non son capaces de seguir as clases
ordinarias... que se debe facer? Atender as súas necesidades educativas
nos grupos de referencia? Atendelos nun grupo á parte? Estaría ben
combinar os dous sistemas, o de inclusión no grupo xeral e o da atención específica en determinadas horas?
Para avaliar os dous anos de experiencia innovadora no IES Perdouro,
este centro educativo acollerá un coloquio sobre a atención á
diversidade do alumnado de ESO, especialmente do de procedencia
inmigrante. O evento celebrarase ás 13 horas do próximo venres, día 31
de marzo, e nel contarase coa participación de dous relatores
presenciais e un terceiro que o fará a través da comunicación dixital.
En primeiro lugar tomará a palabra Natalia Riego Arredondas (A Veiga,
1992), especialista en docencia de Español como segunda lingua, con
Mestrado nesta materia pola Universidade de Oviedo e docencia no IES El
Pando da capital do Principado; e, neste momento, profesora en prácticas
do Mestrado en Educación da Universidade de Vigo no IES da Pontenova.
Inmediatamente despois, intervirá por vídeoconferencia o profesor Paulo
Vilar Millán (Cangas, 1986) que desde o IES de Rodeira en Cangas do
Morrazo, a través das TIC, colaborou nunha iniciativa de didáctica
inclusiva realizada no IES Perdouro.
A última das intervencións
será a do filólogo e tradutor Gabriel André (Cospeito, 1987), que
durante os meses de febreiro e marzo estudou pormenorizadamente as
diferentes modalidades de atención á diversidade ofrecidas ao alumnado
do IES Perdouro.
Sem comentários:
Enviar um comentário