O luns 6 de marzo, o alumnado do ciclo de mecanizado e o de FP Básica realizou unha viaxe a Narón (Ferrol) co obxectivo de coñecer
o grupo Intaf, referente no sector do mecanizado e así
complementar a formación recibida no centro. Comezamos a visita con unha breve charla sobre seguridade e logo pasamos ao taller de mecanizado. Alí estaban realizando labores de fabricación e mantemento de grupos
multiplicadores usados nos eólicos de Iberdrola. Posteriormente visitamos Evolventia e Sincromecánica. onde vimos o mecanizado e rectificado das coroas e engranaxes que levan
internamente estes multiplicadores que transforman as 40 rpm (velocidade a que xiran
as aspas dos eólicos) en 1500 rpm que necesita o xerador para producir
electricidade.
A visita foi moi interesante e motivadora tanto para os alumnos como para os
profesores. Ofrecéronnos e animáronnos a contemplar a posibilidade de
realizar alí as prácticas da FCT, cousa que agradecemos enormemente, e así
llo fixeron ver aos alumnos. Unha
visita enriquecedora, didáctica e motivadora para todos nós.
Sem comentários:
Enviar um comentário