O torneo de Xadrez 2017 promovido por Manuel Vilariño, profesor de matemáticas, acaba de arrancar esta semana. Este curso Manuel conta coa axuda do seu alumnado de 2º de ESO da optativa de libre configuración para axudarlle no bo desenvolvemento do campionato. Co obxetivo de
estimular o pensamento matématico e desenvolver estratexias mentais, competirán nesta edición un total de 42 alumnos/as repartidos dende 1º de ESO ata 1º de Bacharelato. Todo un récord de participación!!
Esperamos que desfruten dun torneo cheo de tensión e moita deportividade.
Accede ás fotografías no noso álbum.
Accede ás fotografías no noso álbum.
Sem comentários:
Enviar um comentário