Ana Belén Pacio Rodríguez, Xefa da Unidade conta a violencia
sobre a muller, impartiu esta mañá na biblioteca do centro dúas conferencias "Pola igualdade, pola non violencia" destinadas ao alumnado de 2º de ESO e de 1º de Formación Profesional Básica para informalos sobre descriminación e violencia de xénero.
Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo sensibilizar o noso alumnado contra a violencia de xénero e estereotipos sexistas para destacar a importancia da educación en valores e coñecer os modos de previlos e denuncialos.
María Permuy, orientadora do centro burelés, destaca que os centros educativos teñen un rol fundamental para vencer estereotipos. "A educación entre os rapaces é a ferramenta máis efectiva para combater a desigualdade e previr a violencia de xénero. Desgraciadamente queda aínda moito por facer e seguiremos traballando a diario os valores de igualdade entre homes e mulleres e desmontando modelos "machistas" aínda moi presentes en cancións e programas televisivos."
Loitemos entre todos para erradicar a violencia de xénero.

Sem comentários:
Enviar um comentário