Os Campionatos de San Xoán Bosco, organizados pola A.C. “Os Matos”, é
unha das actividades anuais do I.E.S. Perdouro. Durante o mes de
xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. participou en diversas
modalidades lúdicas e deportivas, que remataron na mañá do martes 2 de febreiro.
Os participantes puxeron ilusión e gañas nas distintas modalidades que se ofertaban:
- Individuais: Xadrez e Damas;
- Parellas: Construcción de Puzzles;
- Grupos: Baloncesto e fútbol sala.
As primeiras eliminatorias, e as finais individuais e de parellas,
desenvolvéronse nas instalacións do centro durante os recreos, ata o día 29 de xaneiro. As finais de grupos disputáronse no pavillón
polideportivo dos institutos o día 2 de febreiro pola mañá, rematando a
xornada cunha sesión de xogos populares na que participou todo o alumnado.
Da organización e coordinación dos Campionatos encargouse a profesora de
Educación Física e o profesor de Relixión, contando co apoio do Equipo
Directivo do Instituto.
Os vencedores das distintas modalidades, que recibiron as súas correspondentes medallas, son:
- Xadrez: Luis Pernas Maseda (1º ESO B)
- Damas: Jorge Quelle Gómez (1º ESO B)
- Puzzles: Ainhoa Fanego Lestegás e Carla Fra García (2º ESO A)
- Baloncesto Mixto: Equipo de 2º ESO A (Alex, Iván Carla, Ainhoa, Irina, Pol, Miguel e Marta)
- Fútbol Sala Masculino: Equipo 2º ESO B (Jairo, Edmilson, Nicolau, Pablo, Iago, Brais, Alfredo e Bruno)
Sem comentários:
Enviar um comentário