Os días 24 e 25 de febreiro, as aulas dos Ciclos Formativos do IES Perdouro
abriron as súas portas ao alumnado de 3º de ESO e 1º Bach. do IES Monte Castelo para dar a
coñecer a súa oferta educativa. Consistiu nunha visita guiada e práctica
onde o profesorado de FP lles explicou a carga horaria dos módulos
impartidos, as actividades prácticas realizadas, a FCT e as posibles
saídas laborais dos ciclos formativos de grao medio e superior.
Sem comentários:
Enviar um comentário