Co galo do cuarto centenario da publicación da Segunda
Parte do Quixote como do falecemento do Fénix das letras castelás, o alumnado de 3º de ESO viaxou o 22 de febreiro ata Santiago para asistir no teatro principal á representación das obras La española inglesa e Las dos doncellas das Novelas ejemplares de Miguel de Cervante, dúas historias protagonizadas por
mulleres. As vivencias que Cervantes acumulou na súa vida reflíctense
aquí nun despregue de localizacións e de belas historias relacionadas
con elas. Guía didáctica.
Xa pola tarde, o alumnado foi visitar a Casa Museo de Manuel María, en Outeiro de Rei, para coñecer a vida e obra do autor homenaxeado das Letras Galegas deste ano.
A actividade foi organizada conxuntamente polo departamento de Lingua Castelá e Lingua Galega.
A actividade foi organizada conxuntamente polo departamento de Lingua Castelá e Lingua Galega.
Sem comentários:
Enviar um comentário