A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como
aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que
agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que
contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi
especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.
#MobilizaRosalía.
O Día de Rosalía de Castro nas redes sociais.
Sem comentários:
Enviar um comentário