María José Cao, monitora de GAIA, veu o xoves 21 de setembro á biblioteca do IES Perdouro, e falou da contaminación, fundamentalmente da que producen os vehículos, porque o uso de combustibles emite gases como o CO2. Afirmou que é moito mellor para o medio ambiente usar o transporte público ou ir andando ou en bicicleta. En todo caso, de usar un coche contaminaría menos un híbrido, por exemplo. Explicou as vantaxes e desvantaxes de trasladarse a pé ou en coche. Animou a usar máis a bicicleta porque se aparca máis preto e é máis san e cando preguntou como se viña ao instituto, a resposta foi que a maioría do alumnado se desprazaba en coche.
No caso concreto de Burela, calcúlase que hai un coche por cada 2,21 habitantes. Polo tanto, hai arredor de 5870 coches. Isto significa que en Burela hai 725 coches por km2 e que no 80% dos fogares disponse de vehículo. A continuación, explicou os gastos que supoñía ter un coche, unha moto, unha bicicleta...

Todo o alumnado asistente cubriu un cuestionario sobre os gastos que supón trasladarse en automóbil.
En conclusión, o uso do coche privado produce o 15% do gasto de enerxía en España. Debemos usalo menos e, deste xeito, coidaremos máis o medio ambiente.
Isaura Varela, Noemy Tavares, Cintia Montoya e Ádila Pereira de 1º ESO A e B.

Sem comentários:
Enviar um comentário