O Dpto. de Xeografía e Historia programou o encontro anual entre 3
ex-parlamentarios e os alumnos de 3º e 4º de ESO. A actividade enmarcase
dentros das actuacións promovidas polo Parlamento de Galicia e pola
Asociación de Exparlamentarios/as. A charla-coloquio tivo lugar o venres 20 de outubro na biblioteca do IES Perdouro.
Neste acto participaron os exdeputados María Emma Álvarez Chao (PPdeG), Ismael Rego González (PSdeG-PSOE) e Alberte Xullo Rodríguez Feixóo (BNG). Logo dunha breve presentación, os ex-parlamentarios mantiveron cos alumnos un coloquio moderado por Toño Blanco, Xefe de Dpto. de Xeografía e Historia.

Esta charla-coloquio ten como finalidade que os alumnos do centro
educativo coñezan o Parlamento de Galicia. Con ese fin, os
exparlamentarios relataron en qué consisten as funcións da Cámara
autonómica, a súa composición e órganos, e contestaron as preguntas dos
asistentes, algunhas delas comprometidas e de actualidade como os incendios en Galacia ou a declaración unilateral de independencia de Cataluña e de difícil resposta.
Previamente o encontro, os alumnos visionaron unha proxección
audiovisual, que fai
un percorrido pola realidade da principal institución política de
Galicia.
Accede ás fotos do noso albúm aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário