5.10.17

Di K Non - sesión 1 : visita dos internos ao noso centro

Na primeira sesión do obradoiro Di K Non que tivo lugar o martes 03 de outubro, varios profesores da Unidade Teraupéutica do centro penitenciario de Teixeiro e os propios internos en base as súas experiencias e testemuñas como consecuencia da súa adicción ás drogas deron a coñecer a dura realidade do mundo das drogas e as súas consecuencias, en procura dun aprendizaxe que nos axude a aprender a identificar situacións e feitos que arrastran a multitude de adolescentes a crear toda unha serie de condutas de risco como o fracaso escolar, problemas coa xustiza, problemas coa saúde, comportamento violento, etc.

O obradoiro comezou coa representación en mímica dunha pequena obra teatral protagonizada polos internos. A droga que nos atrapa que nos priva da liberdade e do que máis queremos. De seguido proxectouse unha presentación con impactante ambientación musical sobre o tema da droga, causas e consecuencias. E antes de rematar, interviron os internos para contar a súa experiencia coas drogas e houbo rolda de preguntas, mostra do interese co tema dos nosos rapaces de 4º de ESO e de FP básica. Como remate do acto recibimos un agasallo elaborado polos propios internos conmemorando a súa visita ao IES Perdouro.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...