Xa contamos co programa da exposición conxunta da Microrrede
de bibliotecas escolares da Mariña
que terá lugar na Sala Multiusos do
Concello de Viveiro e na biblioteca municipal de Viveiro.
Entre os días 7 e 10 de maio de 2018, ambos inclusive, de 18h a 20h, estará aberta ao público unha exposición titulada “A Mariña pensando en feminino”, preparada polas bibliotecas escolares que integran a MICRORREDE DA MARIÑA e resultante dun proxecto colaborativo.
Este ano é o séptimo no que as bibliotecas de 14 centros educativos da zona da Mariña veñen a desenvolver un proxecto conxunto para o fomento da lectura nas familias. Dito proxecto trata de involucrar ao maior número de sectores que influen na promoción dos libros, o gusto pola lectura, o intercambio de experiencias e sobre todo, impulsar a colaboración das familias na promoción da cultura e a formación lectora dos seus fillos. O proxecto deste ano titúlase "A Mariña pensando en feminino" e acompáñao un conxunto de actividades dinamizadoras.
Os traballos que aí se presentan teñen un claro componente de xénero e teñen como obxectivo principal dar visibilidade á muller e ao empoderamento da palabra, da figura, da cultura, dos oficios, das voces, das letras, do patrimonio dende o punto de vista máis feminino.
Para o acto de inauguración, contaremos coa actuación da cantante galega GUADI GALEGO, coñecida por unirse á loita contra a violencia machista. A súa canción 'Matriarcas' é unha homenaxe ás mulleres fortes que loitan contra a morea de obstáculos que lles impón a vida só por nacer de sexo feminino. Teremos unha performance do ColectivoLAG. Son Lara Buyo e Ana Corujo, dúas curiosas mentes inquietas graduadas en Belas Artes e cun Máster en Arte Contemporánea. Dedican a súa traxectoria á performance defendendo a arte en parella baixo unha liña que reivindica a igualdade de xénero. Un grupo de escolares cantarán e empregarán a linguaxe de signo para cantar Chea de Vida e Matriarca de Guadi Galego. A nosa alumna de 1º de bach, Andrea Rivas Villarquide, lerá o seu manifesto "Eu son muller".
Como actividade dimanizadora, este ano traemos un grupo de teatro Adala Infantil, conformado por un grupo de nenas e nenos focenses, que representará a obra "Mamasiña que medo!". A obra conta a historia dunhas bruxiñas e un ogro moi particulares.
Para clausurar estas xornadas da Microrrede A Mariña pensando en feninimo, un coro de escolares cantaran a Saia da Carolina e a canción dos Maios. Tamén teremos a actuación das Moreninhas, 3 raparigas de Cabo Verde recen chegadas a nosa terra galega que nos cantarán Txica Bonita e No niño novo do vento. Elas tres son o reflexo da integración e da fusión cultural. Contaremos cun encontro literario coa presenza de Rita Morrigan que sorprende no panorama da novela romántica actual española con libros moi elaborados nas súas historias, con personaxes máis definidos, con mulleres avanzadas para a súa época.
No proxecto A Mariña pensando en feminino participan os centros educativos da zona da Mariña que se citan a continuación:

- EEI SAN ROQUE (Viveiro)
- CEP LOIS TOBÍO (Viveiro)
- CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS (Celeiro-Viveiro)
- CEIP Plurilingüe de COVAS (Covas-Viveiro)
- CEIP Plurilingüe SANTA RITA (Galdo-Viveiro)
- CEIP Plurilingüe PEDRO CASELLES ROLLÁN (Xove)
- CEIP de CERVO (Cervo)
- CEIPO Vicedo
- CEIP PlurilingüeVista Alegre (Burela)
- CEIP Castro deOuro (Alfoz)
- IES MARÍA SARMIENTO (Viveiro)
- IES VILAR PONTE (Viveiro)
- IES PERDOURO (Burela)
- IES ILLA de SARÓN (Xove)
Sem comentários:
Enviar um comentário