O Departamento de Educación Física organizou o xoves 19 de abril un acto para conmemorar o Día Mundial da Bicicleta. Tratouse
dunha actividade de participación voluntaria, onde os alumnos e
profesores que así o decidiron saíron en bici dende o instituto para
realizar unha ruta por Burela seguindo o itinerario proposto duns 13 km. Participaron unhas 50 persoas entre alumnos, profesores e outro persoal de apoio.
Contouse co apoio do Concello e Protección Civil para a organización e correcto desenvolvemento da carreira.
O día prestouse moi ben para esta pequena volta a Burela!!!
Accede ao albúm de fotos aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário