CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS
O mércores 4 de abril os alumnos e alumnas de 4º de ESO do IES Perdouro fomos de viaxe de estudos ao centro de artesanía e deseño de Lugo. A exposición de intrumentos do Centro de Artesanía e Deseño está formada por fondos da antiga sección do Museo Provincial de Lugo e de producción propia a través de traballos de investigación, doazóns e adquisicións de particulares, principalmente. Abarca pezas tanto do patrimonio musical galego como procedentes doutras culturas, instrumentos mecánicos e obxectos sonoros, e réplicas de iconografía musical.
A Sala Antón de Marcos recrea o obradoiro histórico musical fundado en 1951, onde se mostran as ferramentas de traballo da fabricación de instrumentos e a traxectoria formativa de artesáns e intérpretes.
A Sala Pórtico da Gloria mostra as réplicas dos intrumentos representados no pórtico da Catedral de Santiago de Compostela e copias de manuscritos de Leonardo da Vinci, ademais dunha importante colección de zanfonas.
A Sala Xelmírez reúne réplicas dos instrumentos representados nunha das salas anexas da catedral compostelá, xoguetes sonoros e unha colección de trompas de boca, entre outros.
A Sala Faustino Santalices e Paulino Pérez, en honor aos fundadores do obradoiro, recolle instrumentos relacionados coa música tradicional galega e unha sección dedicada aos instrumentos mecánicos e de corda de diferentes partes do mundo.
En canto á olería do Centro de artesanía e deseño faláronos sobre os tipos de recipientes que se utilizaban na vida cotiá, como por exemplo xarras para gardar o viño e a auga, utensilios para facer o pan e o queixo e tamén outro tipo de recipientes que se utilizaban mesmo para ouriñar.
Crónica de Carolina Basanta Val, 4º ESO B
En canto á olería do Centro de artesanía e deseño faláronos sobre os tipos de recipientes que se utilizaban na vida cotiá, como por exemplo xarras para gardar o viño e a auga, utensilios para facer o pan e o queixo e tamén outro tipo de recipientes que se utilizaban mesmo para ouriñar.
Explicáronnos tamén o relativo aos tipos de cerámica que había: a cerámica de Buño, que é propia de Buño con cores oscuras e que se utiliza principalmente en utensilios de cociña; a cerámica de Gundivós, que ten un cor negro e unha gran calidade; a cerámica de Sober, que se asimila moito á de Gundivós e, por último, a cerámica de Bonxe, que ten orixe romana e a cal ten cores máis claras que os anteriores tipos de cerámica.
Fundación TIC
Crónica de Alex Gómez Sixto, 4º ESO B
Fundación TIC
O mércores 4 de abril os alumnos e alumnas de 4º de ESO do IES Perdouro fomos de viaxe de estudos á Fundación TIC en Lugo. Nesta escola, que depende da Deputación de Lugo, impártense dous ciclos superiores, o de produción e o de realización. Un dato moi importante é que a matrícula para poder acceder a estes cursos é gratuíta.
Á parte das instalacións que nós visitamos, tamén dispoñen dun edificio onde imparten as clases. Ademais, contan cun pequeno estudio de radio para todos aqueles que queiran ser locutores, imparten clases para as persoas maiores, xa que moitas delas non saben como utilizar o móbil, etc. Traballan con esta xente sobre todo con ordenadores e de vez en cando coa Wii para que aprendan que coas tecnoloxías tamén poden facer exercicio sen ter que saír da casa.
Na nave principal o que nos ensinaron foi un pequeno vídeo onde nos explicaban un pouco o que facían nesa escola, tamén nos ensinaron un pequeno plató que utilizan para gravar algún programa breve. Unha curiosidade sobre ese espazo é que as paredes son de ladrillo que non está pintado nin nada para que cos ocos cara a fóra non haxa eco e o son quede perfecto.
Esta vez non nos puideron ensinarnos a unidade móbil porque a estaban remodelando; foi unha mágoa.
Antes de entrar no control de son, estivemos no control de realización.
Crónica de Yaiza Rivas Rivas, 4º ESO B
Antes de entrar no control de son, estivemos no control de realización.
Alí explicáronnos como funcionaba todo iso. Faláronnos das dúas pantallas principais e a función de cada unha. Nunha móstrase o que o espectador ve e, na outra, á parte de mostrar isto, móstrase o que está gravando cada unha das distintas cámaras.
Déronnos a coñecer a función de cada un dos ordenadores e aparellos da sala e, por último, expuxéronnos o duro que é traballar nunha unidade móbil, na que traballan o mesmo número de persoas que no centro de realización, pero con desventaxas, como por exemplo, a falta de espazo.
A visita estivo xenial e foi moi entretida!
No control de son da Fundación TIC, explicáronnos como se recibe e emite o son en programas televisivos en directo con distintos exemplos.
A visita estivo xenial e foi moi entretida!
Crónica de Nicolau Vizoso López, 4ºESO
No control de son da Fundación TIC, explicáronnos como se recibe e emite o son en programas televisivos en directo con distintos exemplos.
Antes de comezar, o técnico explicounos que é unha sala normalmente individual e illada da sala de realización, xa que nesta sala fai falta gran concentración e silencio para que saia todo ben. Tamén nos explicaron como é traballar con múltiples micrófonos conectados e como deberiamos facer para que non se acoplen e como dar entrada e saída a distintos micrófonos. Á parte, ensinounos os distintos tipos de micrófonos usados e en que casos se usan. Por último, amosounos distintos efectos de son que se poderían empregar en directo nun programa televisivo.
Telexornal de TICODIARIO na Fundación TIC
Durante a visita na Fundación TIC leváronnos a un plató, que anteriormente viramos a traves das cámaras, onde había montada unha mesa semellante as do telexornal de calquera informativo real, un croma e repartidas pola sala había seis cámaras.
No plató, os guías fixeron un sorteo, no cal, as persoas que saíran elixidas terían que participar nun telexornal que sería emitido na súa páxina web. Os compañeiros e profesores elixidos tiveron que seguir as pautas que os guías lles amosaron para que saira o máis natural posible e para que non estiveran nerviosos á hora de que as cámaras os gravaran. Dúas persoas tiñan que ser os presentadores do telexornal e dar paso aos reporteiros, outra compañeira fixo de reporteira dando unha noticia sobre Monforte de Lemos, un compañeiro fixo unha enquisa a algún de nós sobre os nosos gustos persoais no referido ao deporte e, finalmente, unha das nosas profesoras de a información do tempo. Entre as noticias facían paradas para meter uns vídeos que tiñan eles nos seus ordenadores para indicar mentres o que debiamos facer ou como nos debiamos posicionar para evitar problemas, aínda que o telexornal tivo que ser gravado dúas veces, xa que na primeira saían unhas marcas de auga e non estaban aptas as gravacións para ser emitidas.
Ao finalizar o telexornal fomos a unha sala na que nos amosaron o vídeo xa maquetado, como se fose un telexornal como os que vemos cada día no noso televisor e como agasallo regaláronnos unha memoria USB na cal viña o vídeo gravado como recordo da nosa visita na Fundación TIC.
Crónica de Yago Montenegro, 4º ESO

Crónica de Lorena Regil Álvarez, 4ºESO TIC
O NACEMENTO DO MIÑO
O Miño é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5km. Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.
No seu nacemento contén unha masa de pedras que se estenden máis de 600 metros montaña abaixo en forma de embude. A natureza, hai entre uns 20.000 e 10.000 anos, encargouse de colocalas e baixo as mesmas pode escoitarse a auga que baixa pola ladeira. A súa extensión é de aproximadamente 700 metros e ao final deste embude apréciase un pequeno regato de auga, do que se pode dar coñecemento se alguén sobe as pedras e escoita con atención o borboriñar da auga, xa que non se ve correr debido ao taponamento das pedras.
Esta auga nace de numerosas fontes repartidas ao longo de toda a Serra de Meira e, en concreto, unha delas situada no alto do Pedregal, lugar onde a auga de todas elas se xunta, formando xa o comezo do Miño que abastece de auga a Meira e a practicamente toda Galicia.
Durante moito tempo existiu unha gran polémica sobre se o nacemento do Miño se encontraba no Pedregal de Irimia ou na lagoa de Fonmiñá, no concello da Pastoriza.
Esta laguna é unha afloración de augas profundas, vinculada a procesos cársticos e/ou hidrotermais que surxe máis abaixo do nacemento do Miño. Esta é a conclusión a que chegaron expertos en hidrografía, despois de introducir medidores para comprobar a profundidade das fontes e así conclúen que, tanto a serra coma o val de Meira, están situados sobre unha gran balsa de auga e que, debido a isto, nace auga en diferentes puntos, un deles, a lagoa de Fonmiñá.
Situarse no Pedregal de Irimia proporciona ao visitante unha sensación especial, de puro contacto coa natureza. Xunto ao Pedregal está a Área Recreativa de Porto de Pena, que conta con mesas baixo tellado para sentar a comer nunha zona agradable, pois non vai demasiada calor debido a altitude, e tamén hai vento, de feito máis arriba hai un parque eólico.
Crónica de Gabriel
Viaxe a igrexa de Meira
O mércores día 4 de abril o alumnado do IES Perduro de Burela de 4ºESO foron de viaxe de estudos a Meira. Alí viron o mosterio de Santa María de Meira. Antón Niñe, antigo profesor de relixión do instituto, achegouse ata Meira para poder explicarlles aos alumnos e as alumnas sobre a igrexa. Contando tamén coa colaboración da técnica de turismo de Meira.
A fundación da igrexa de Meira, establecese no século XII, arredor do ano 1143. O rei Afonso VII doou as terras aos condes de Sarria. Estes, á súa vez, ven a rápida expansión da orde relixiosa do Císter por España e Europa, polo que entregan a esta congregación as terras doadas polo rei.
Para os monxes, este sitio era o seu obxectivo, xa que estaba apartado dos núcleos de poboación e con boas condicións para os traballos agrícolas e industriais. O seu fundador é San Bernardo, de Claraval, Francia. Co obxectiuvo de construír conventos e establecer unha vida relixiosa coa orde. A principal premisa é “ora et labora”. Unha das principais regras de San Bernardo era o rexeitamento das pinturas, dos adornos, das esculturas e das riquezas. Polo cal a súa decoración non era tan chamativa, para que os sacerdotes que vivían alí evitasen a distracción visual e se centraran no rezo, na meditación e no traballo diario. A pobreza absoluta axudaba a enriquecer o espírito e dedicarse a Deus.
Despois das expicacións de Antón e da concelleira, puideron achegarse ata ao altar maior para poder pasar por un túnel que ten detrás del. Alí, na sancristía, consérvanse unhas pinturas do século XVII.
Por último, os alumnos agradecénronlle Antón e á concelleira que lles dedicaran o seu tempo e marcharon para Burela de volta.
Sem comentários:
Enviar um comentário