E chegou o gran día!, todo estaba preparado e a praza chea de familias dos diferentes centros que conformamos a MICRORREDE.
Este ano a mestra de ceremonias foi Rebeca Rivas
do CEIP Santa Rita de Galdo; ela foi presentando as diferentes
actividades e en nome de todos os centros agradeceu ás familias a
participación no proxecto. Asemade tamén se deron as gracias ás
autoridades alí presentes:
- Xefa Territorial de Educación: Mariña Gueimunde.
- Asesora das Bibliotecas Escolares, zona norte: Chelo Guntín.
- Representante do Equipo de Dinamizacións Lingüística: Pilar Teijeiro.
- Alcaldesa de Viveiro: María Loureiro.
Discurso inaugural; actuación do coro formado por uns 160 nenas e nenos
dos centro de Alfoz, Cervo, Celeiro, Galdo, Covas e María Sarmiento de
Viveiro; lectura dun manifesto a cargo da alumna do IES Perdouro, Andrea Rivas;
rematando coa actuación de Guadi Galego e a performance de LAG na canción de Matriarcas.
Accede a reportaxe fotográfica aquí
Accede a reportaxe fotográfica aquí
Sem comentários:
Enviar um comentário