O xoves 10 de maio, os rapaces de 1º de ESO acodiron á convocatoria anual do Correlingua baixo o lema "A lingua non para", iniciativa que xa vai pola 18. A carreira en prol da lingua celebrouse, nesta ocasión, en Mondoñedo, dende o Campo dos Remedios ata a Praza da Catedral.
A festa final estivo a cargo de Cé Orquestra,
houbo lectura do manifesto, actuacións de centros e das Moreninhas que cantaron No niño novo do vento de Álvaro Cunqueiro e do gañador do
Cantalingua, Cuarta Xusta, así como
entrega de premios aos
gañadores da carreira.
Unha mañá ben aproveitada !!!
Accede ao albúm de fotos aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário