Microrrede da Mariña, dinamizando as comunidades educativas a través da literatura
Durante cinco anos as bibliotecas de varios centros educativos da zona da Mariña veñen a desenvolver un proxecto conxunto para o fomento da lectura nas familias. Dito proxecto trata de involucrar ao maior número de sectores que influen na promoción dos libros, o gusto pola lectura, o intercambio de experiencias e sobre todo, impulsar a colaboración das familias na promoción da cultura e a formación lectora dos seus fillos. O proxecto deste ano titúlase Os soños de Manuel María e ten como obxectivo coñecer e valorar a figura e a obra deste gran escritor e intelectural lucense; así como fomentar e dinamizar a cultura entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis humana, igualitaria, crítica e libre.
O proxecto conta con varias fases:
1- Os nenos axudados pola familia elaboran un traballo escrito e plástico sobre algunha obra de Manuel María.
2-Todos os traballos recollidos polos centros educativos se expoñen en dito centro durante o mes de abril (Mes dos libros) e parte de maio.
3- Durante a semana das Letras Galegas, hai unha gran exposición dos traballos de todos os centros educativos participantes no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, do 11 ao 13 de maio de 18h a 20h.
4- Durante esa semana, a exposición está aberta ao público en xeral e cada tarde hai actuacións do alumnado e incluso profesorado dos centros educativos que participan na actividade.
Programa das actividades dinamizadoras do martes 10 ao venres 13 de maio de 18:00h a 20:00 h
Martes 10, ás 18:00h.
- Inauguración da exposición coa participación das Comunidades Educativas, dos Centros escolares e das Autoridades.
- “Os soños non poden estar engaiolados” a cargo do CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo.
- “Cantando” de IES María Sarmiento de Viveiro.
- “Recital poético” de IES Perdouro de Burela.
- “Todo me fala de ti” a cargo de EEI San Roque de Viveiro
- “Pecas, Dragoncín e o tesouro” (adaptación) de CEIP Plurilingüe de Covas.
- “Interpretando O bigote de Mimí” a cargo de CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove.
Xoves 12, ás 18:00h.
- “Musicando a Manuel María” (adaptacións), a cargo de CEIP de Cervo.
- “Un percorrido musical polas nosas celebracións” de CEIP A. Pedrosa Latas de Celeiro.
- “Aventuras e desventuras dunha espiña chamada Berenguela”, representada polo alumnado do CEP Lois Tobío de Viveiro.
- “De Rosalía a Manuel María...Poesía” a cargo de Ermitas Orol.
- Clausura da Exposición
No proxecto Os soños de Manuel María participan os centros educativos da zona da Mariña que se citan a continuación:
• EEI San Roque (Viveiro)
• CEP Lois Tobío (Viveiro)
• CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro)
• CEIP Pedrosa Latas (Celeiro)
• CEIP Plurilingüe Santa Rita (Galdo)
• CEIP de O Vicedo (Vicedo)
• CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove)
• CEIP de Cervo
• IES María Sarmiento (Viveiro)
• IES Vilar Ponte (Viveiro)
• IES Perdouro de Burela
• IES Illa de Sarón de Xove
• CEIP de Cervo
• IES María Sarmiento (Viveiro)
• IES Vilar Ponte (Viveiro)
• IES Perdouro de Burela
• IES Illa de Sarón de Xove
Sem comentários:
Enviar um comentário