O Dpto. de Xeografía e Historia programou o encontro anual entre 3 ex-parlamentarios e os alumnos de 4º de ESO. A actividade enmarcase dentros das actuacións promovidas polo Parlamento de Galicia e pola Asociación de Exparlamentarios/as. A charla-coloquio tivo lugar o xoves 19 de maio na biblioteca do IES Perdouro.
Neste acto participaron os exdeputados Jesús María Fernández Rosende (PPdeG), Alberte Xullo Rodríguez Feixóo (BNG) e Ismael Rego González (PSdeG-PSOE). Logo dunha breve presentación, os ex-parlamentarios mantiveron cos alumnos un coloquio moderado por Bríxida Pino, profesora de Historia.

Esta charla-coloquio ten como finalidade que os alumnos do centro
educativo coñezan o Parlamento de Galicia. Con ese fin, os
exparlamentarios relataron en qué consisten as funcións da Cámara
autonómica, a súa composición e órganos, e contestaron as preguntas dos
asistentes, algunhas delas comprometidas e de dificil resposta. Previamente o encontro, os alumnos visionaron unha proxección audiovisual, que fai
un percorrido pola realidade da principal institución política de
Galicia.
Ao final do acto mantívose por petición do alumnado un minuto de silencio en memoria a Anes Monteiro da Silva.
Sem comentários:
Enviar um comentário