Este ano tócoulle a nosa vila ser a anfitriona do Correlingua 2016 na Mariña. A convocatoria anual celebrouse o xoves 5 de maio baixo o lema "O galego está en nós".
A camiñata a prol da lingua xuntou a máis de 1600 rapaces e rapazas de primaria e secundaria de toda a Mariña. O percorrido iniciouse na praia da Marosa para rematar na praza da Mariña. A partir das 11h empezou a carreira para os corredores e despois saíron os camiñantes. Logo de máis de media hora de paseo empezou na praza a festa final animada por Talía Teatro. Primeiro, alumnos do IES de Dioniso Gamallo de Ribadeo leron o seu manifesto "Na procura do galego", gañador do concurso do Correlingua 2016. Este manifesto «tentan mostrar que o galego non é algo alleo a ninguén
de nós, que está presente no noso ser, e que o mellor que podemos facer
por el é vivilo, é dicir, falalo. Describe como podemos percibir o
galego a través dos nosos sentidos». Logo entregáronse os premios aos gañadores da carreira nas diferentes categorías. Edmilson Monteiro, de 1º de ESO, e Pablo García, de 1º de Bac, lograron unha medalla. Despois, actuaron alumnos do IES Monte Castelo, CEIP Virxe do Carmen, IES Marqués de Sargadelos, e nós con recitados de Enya e Andrés e desfile do lema feito polos alumnos de 1º de ESO. E, finalmente, o grupo Zënzar
pechou o acto coa súa actuación de rock galego. Unha súper mega festa !!! Ver a nosa completa reportaxe fotográfica aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário