Os alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistiron a unha charla sobre DOAZÓN E TRANSPLANTES
levada a cabo pola OCT (Oficina de Coordinación de Transplantes do
Servizo Galego de Saúde) o pasado martes 19 de xaneiro. Marta Álvarez,
enfermeira e coordinadora da Unidade de Transplantes de Órganos de
Galicia, impartíu a parte teórica explicando quen pode ser donante e as
condicións especiais para doar unha vez que se produce a morte cerebral:
criterios clínicos, grupo sanguíneo, peso, talla, criterios
territoriais, etc... Hai que ter en conta que a doazón de órganos e tecidos é voluntaria e altruísta e sempre anónima. Ademais
de falar de todo o mecanismo que se pon en marcha cando aparece unha
doazón, a enfermeira indicou a esperanza de vida dalgúns órganos
transplantados como por exemplo o ril, 40 anos, o corazón, 24 anos, e o
figado, 30 anos. Logo da exposición, tivo lugar a testimuña en primeira
persoa. Lola Casais contou a súa experiencia aos alumnos. Deu a coñecer
o seu caso persoal como transplantada de fígado. Leva 13 anos e 4 meses
transplantada segundo nos indica. Con 8-9 anos sufría de cólicos moi
grandes. Foi nai e aos 22 anos tivo un accidente de coche moi forte.
Detectáronlle entón quistes no fígado. Ata aí tivo unha calidade de vida
moi mala, pasaba moito tempo ingresada pola fiebre e pola infección.
Ata aquel momento nunca antes lle falaron de transplante e dicidíu
entrar na lista de transplante. Botou 1 ano na lista. Tiña que estar
localizable as 24 horas do día. Confesa ter estado desesperada pola
espera. Cun 38 anos chegou o día de recibir un fígado compatible. Estivo
21 días ingresada despois do transplante, tempo moito menor de cando
estaba enferma. Os enfermos de transplante quedan coas defensas moi
baixas e están na UCI illados antes de poder subir a planta cun
familiar. Hai que saber cun transplantado ten unha medicación de por
vida. Sentíu un baixón e culpabilidade despois do transplante pensando
no donante e na súa familia pola decisión tomada da que está moi
agradecida. Recibíu apoio psicolóxico. Grazas ao transplante ten mellor
calidade de vida e pode levar unha vida "normal".
Sem comentários:
Enviar um comentário