O pasado venres 12 de xaneiro os alumnos/as de Economía de 4º de ESO e
de 1º e 2º Bacharelato participamos en dúas charlas sobre Servizos
Financeiros e Publicidade respectivamente impartidas por representantes da Escola Galega de Consumo (EGC) no marco das actividades do proxecto Galicons-net .
Na charla sobre Servizos financeiros informáronnos sobre as contas bancarias, tarxetas de crédito e débito, préstamos, o fondo de garantía de depósitos e outros servizos e produtos financeiros e os riscos que poden supoñer os mesmos.
Despois na charla sobre Publicidade, faláronnos sobre os anuncios publicitarios que vemos día a día na vida cotiá, os tipos de anuncios que podemos presenciar e os dereitos que temos para denunciar calquera anuncio publicitario que non consideremos apropiado. Tamén nos comentaron os principios básicos que debe ter un anuncio para captar a atención do espectador dependendo do que se está tratando vender.
Ademais, facilitáronnos un teléfono de contacto para pedir información sobre calquera destes temas tratados.
O blog onde publicamos o traballo que están facendo os alumnos de 4º de ESO no proxecto Galicons servizos financeiros: Stop abusos bancarios e o seguinte: http://stopabusosbancarios. blogspot.com.es
Na charla sobre Servizos financeiros informáronnos sobre as contas bancarias, tarxetas de crédito e débito, préstamos, o fondo de garantía de depósitos e outros servizos e produtos financeiros e os riscos que poden supoñer os mesmos.
Despois na charla sobre Publicidade, faláronnos sobre os anuncios publicitarios que vemos día a día na vida cotiá, os tipos de anuncios que podemos presenciar e os dereitos que temos para denunciar calquera anuncio publicitario que non consideremos apropiado. Tamén nos comentaron os principios básicos que debe ter un anuncio para captar a atención do espectador dependendo do que se está tratando vender.
Ademais, facilitáronnos un teléfono de contacto para pedir información sobre calquera destes temas tratados.
O blog onde publicamos o traballo que están facendo os alumnos de 4º de ESO no proxecto Galicons servizos financeiros: Stop abusos bancarios e o seguinte: http://stopabusosbancarios.
Crónica do alumnado de Economía de 4º de ESO.
Sem comentários:
Enviar um comentário